Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
REDE.CAT

Dominio .CAT para a axenda cultural galega en Catalunya de 'Rede.cat'

A iniciativa de plataforma cultural galega de Rede.cat segue a modo pero sen pausa o seu desenvolvemento. Se o mesmo nome da organización era unha declaración de intencións, co novo dominio.cat, vinculado a entidades de interese cultural do ámbito cultural catalán, a axenda cultural galega en Catalunya dá un paso adiante na súa implantación e na súa visualización como plataforma cultural galega vencellada con Catalunya.

- 22:18 02/02/2007
Tags:

A plataforma cultural Rede.cat foi presentada o pasado mes de outubro na II Foliada celebrada no Ateneu Popular de Nou Barris. Como a mesma iniciativa manifesta dende a súa constitución, nela participan un amplo abano de persoas, colectivos e entidades galegas en Catalunya que teñen amosado coa súa actividade o compromiso de desenvolver o referente identitario galego en Catalunya e, ao memmo tempo, desenvolver o compromiso cidadán coa sociedade català da que se senten parte.

Membros de Rede.cat:

- A Lonxa Arte
- A Mesa pola Normalización Lingüística BCN
- Asociación Xohán de Requeixo
- Espazo Galego dos Països Catalans
- Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya
- FDGCultural
- Filologies Gallega i Portuguesa (UB)
- Foro Cívico Galego
- Fundación Sotelo Blanco
- Furafollas Agrupación Teatral
- Galauda
- Galeria Sargadelos BCN
- Galeuzcamerata
- La Xina Art
- Lectorado de Galego. UAB
- Plataforma Nunca Máis de Catalunya
- Vieiros BCN


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: