Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SERÁN EMITIDAS NA RADIO GALEGA

Tres finalistas concorren ao I Premio de Teatro Radiofónico

En dous meses presentáronse 33 obras, das que tres son as finalistas. O I Premio de Teatro Radiofónico Diario Cultural entra na súa fase final. Un xurado integrado por Manuel Lourenzo, Cristina Domínguez, Alfonso Becerra, Camilo Franco e Ana Romaní acordou por maioría escoller como finalistas tres obras presentadas baixo os lemas O Bambán, O Elexido. Un conto de Nadal e 1.073. Agora serán agora dramatizadas por un equipo de actores e actrices coordinado polo CDG e emitidas ao longo do mes de marzo na Radio Galega. Despois da súa emisión daranse a coñecer o Premio do Xurado e o Premio da Audiencia, ambos os dous dotados con 3.000 .

- 17:04 05/02/2007
Tags:

Foron 33 as obras presentadas a esta primeira edición do Premio de Teatro Radiofónico organizado polo programa Diario Cultural da Radio Galega e o CDG, e co patrocinio da Consellería de Cultura. O galardón pretende fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio, facilitar o diálogo entre a dramaturxia contemporánea e o medio radiofónico, divulgar a escrita teatral galega, promover o encontro entre o público e o teatro e contribuír á recuperación desde unha perspectiva contemporánea do xénero de teatro radiofónico. Agora poderemos escoitar estas montaxes, de entre 15 e 20 minutos de duración.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: