Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[CICLISMO]

Pereiro terá que agardar até o verán para recibir o seu Tour

Floyd Landis solicitoulle á Axencia Francesa de Loita contra a Dopaxe (AFLD) o aprazamento da súa comparecencia co fin de defenderse antes da súa suposta dopaxe ante a correspondente axencia estadounidense. O organismo francés aceptou a solicitude do estadounidense coa condición de que non participe en ningunha carreira que se dispute en Francia, incluída o Tour do 2007. A decisión prexudica a Óscar Pereiro, que deste xeito, terá que agardar como mínimo até xuño para proclamarse oficialmente gañador da última edición da famosa rolda gala.

- 10:11 09/02/2007
Tags:

Óscar Pereiro terá que agardar a que a AFLD escoite a defensa de Floyd Landis para coñecer se finalmente é o gañador oficial do Tour do 2007. A xogada deseñada polos avogados de Landis permítelle ao estadounidense aprazar o fallo da axencia francesa polo menos até despois da disputa do Tour do 2007. Pereiro, canso xa de todo este proceso, recoñeceu que "era algo que xa agardaba".

Mentres, Landis non tivo reparos á hora de amosar a súa "ledicia" logo de acadar a suspensión da xuntanza prevista para este mércores coa AFLD. Segundo Michael Henson, representante do corredor, "Floyd está satisfeito de que a axencia acordase a suspensión da súa decisión até que non sexa escoitado pola Axencia Estadounidense Antidopaxe no próximo mes de maio".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: