Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A contaminación mata máis cós accidentes

Segundo un estudio realizado para a Organización Mundial da Saúde (OMS) en Austria, Francia e Suiza, a contaminación causada polo tráfego está matando máis persoas cós accidentes automobilísticos. O estudio examina os efectos sobre a saúde humana da exposición a pequenas partículas sólidas. O doutor Carlos Dora, do Centro Europeo para o Ambiente e a Saúde da OMS, manifestou que “estamos pagando un prezo enorme polo excesivo transporte por estrada: co noso diñeiro e coa nosa saúde”.

- 09:15 31/12/1999
Tags:

O estudio, presentado na Terceira Conferencia Ministerial sobre Ambiente e Saúde celebrada en Londres en xuño pasado, estima que a polución orixinada polo tráfego causa unhas 21.000 mortes anuais prematuras debido a enfermidades respiratorias ou do corazón nos tres países estudiados, cifra moi superior ao número total de mortos en accidentes de tráfego. O estudio non puido determinar en que medida esas mortes por contaminación serían prematuras.

Cada ano a contaminación dos automóbeis causa 300.000 casos extra de bronquite en nenos e nenas, 15.000 ingresos hospitalarios por enfermidades do corazón e 395.000 ataques de asma en adultos e 162.000 en nenos e nenas. Tamén provoca a perda de 16 millóns de xornadas laborais por enfermidades respiratorias.

O custo económico total dos efectos sanitarios negativos da contaminación dos coches en Austria, Suiza e Francia é de 27 billóns de euros ao ano, 360 euros (60.000 pesetas) por habitante e ano.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: