Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[REMO]

Óscar Alonso acada o segundo posto no Campionato do mundo de remo indoor

O remeiro da Guarda Óscar Alonso conseguiu esta fin de semana o segundo posto no Campionoato do Mundo de Remo Indoor que se celebrou en Boston, EUA. O deportista do Club de Remo Robaleira xa acadara hai unha semana na regata FISA Team Cup de Sevilla o segundo posto no barco de 8 con timonel sénior, malia estar aínda na categoría júnior.

- 15:54 26/02/2007
Tags:

Segundo Luciano Moldovan, director técnico da Federación Galega de Remo, Óscar ten o biotipo ideal dun medallista olímpico de remo "aínda que lle faltan corenta mil quilómetros remando para poder acadar este soño". Alonso ten unha estatura de 1,97 metros, pesa 95 quilos e ten 2,10 de envergadura, "unhas condicións físicas extraordinarias para a práctica deste deporte".

O remeiro, de dezasete anos, volverá competir na Regata Internacional Piediluco en Italia, xunto con Santiago Lago, compañeiro do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, CGTD, , no dobre skull da selección galega.

A selección, terceira na regata CET por autonomías
O remo galego tamén acadou outro importante éxito esta fin de semana. A selección acadou o terceiro posto na regata CET por autonomías. Os deportistas do CGTD Rubén Castelo e Aaron Sexto, do Club de Remo Miño Tui, acadaron a medalla de ouro no dobre skull na distancia de 500 metros e a de bronce no mesmo bote na distancia de 1.000m. Os galegos bateron a marca da pista nas eliminatorias e na final.

Alba Espiñeira, C.R. San Felipe de Ferrol, tamén acadou medalla, bronce en skiff nos 1.000 metros, malia atoparse resentida por unha lesión. Pola súa parte, o remeiro do Club de Remo Muros, Santiago Lago foi finalista na mesma categoría a pesares de competir na categoría sénior.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: