Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O Día Internacional da Muller naceu hai case un século en Copenhagen

Derrubaron o Ungdomshuset, mais fican en pé os seus alicerces

As recentes revoltas de Copenhague polo derrubamento do edificio Ungdomshuset (Casa da Xuventude), ocupado durante dúas décadas por xoves activistas de esquerdas, foron portada nos xornais de medio mundo. Mais, poucos recolleron nas súas páxinas que foi neste emblemático inmóbel, derrubado esta semana polos bulldozers, onde se decretou por primeira vez o Día Internacional da Muller.

Redacción - 07:00 08/03/2007
O Día Internacional das Mulleres viu a luz no Ungdomshuse

O Día Internacional das Mulleres viu a luz no Ungdomshuse

Hai case cen anos, entre o 28 de agosto e o 3 de setembro de 1910, o Ungdomshuset acolleu a segunda conferencia da Internacional Socialista de Mulleres. Foi nesta histórica xuntanza, a proposta da líder do movemento socialista alemán Clara Zetkin (1857-1933), na que se adoptou adicar un día no ano a chamar a atención da sociedade sobre o sufraxio feminino e a súa emancipación política: o Día Internacional da Muller.

O 19 de marzo do ano seguinte celebrouse por primeira vez esta homenaxe reivindicativa. Máis dun millón de persoas asistiron as marchas e aos mitins convocados en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza. Esixiuse o dereito a voto, o dereito a ocupar cargos públicos, o do traballo, e o dereito á formación profesional e á non discriminación laboral.

23 de febreiro xuliano

Porén, a proposta da Internacional Socialista de Copenhague -aprobada unanimemente co voto das máis de cen mulleres de 17 países diferentes e inspirada no Women's Day das socialistas estadounidenses- non estabelecía unha data fixa para a súa celebración. Xa que logo, non foi até o 1917 cando por primeira vez ocupase o 8 de marzo no calendario.

Concretamente, foi o domingo 23 de febreiro (polo calendario xuliano, usado en Rusia), día no que milleiros de mulleres rusas se amotinaron ante a falla de alimentos, o que provocou o inicio do proceso revolucionario que acabaría no mes de outubro dese mesmo ano.

Aqueles sucesos levaron a estabelecer definitivamente a data do Día Internacional da Muller no 8 de febreiro, festa nacional nos antigos países da órbita soviética, así como tamén nas Nacións Unidas dende a súa fundación.


4,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: