Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MOCIÓN A PROL DA INICIATIVA

Rianxo é o primeiro concello que apoia o Puntogal

Máis de 4.400 persoas asinaron xa individualmente a favor do ".gal". Agora, o pleno do municipio de Rianxo é o primeiro en pór o seu grao de area para que a iniciativa saia adiante.

M.V. - 13:17 09/03/2007
PuntoGal

PuntoGal

O pleno do municipio de Rianxo acaba de aprobar unha moción pola que expresa o seu "apoio á creación dun dominio propio de Galiza en Internet". O acordo rianxeiro destaca que é "moi dificultoso" lograr que a ICANN lle conceda a Galiza un dominio para a súa lingua e cultura, como xa fixo con Cataluña, polo que fai fincapé na necesidade de sumar apoios institucionais.

Non pecha as vías para o “.gz”
O .gal é o domino que debe corresponderlle á comunidade galega, como comunidade con fortes vencellos (lingüísticos, culturais, históricos, sociais)” sinala o texto presentado por dous concelleiros do BNG. Xoán Bautista Mariño Abuín e Adelina Ces explican no seu escrito que "a proposta do .gal non invalida en ningún caso a proposta dun dominio xeográfico de dúas letras (.gz, por exemplo)”.


Documentos

Ligazóns

4,85/5 (13 votos)


Comentarios (6)

sampedo #1 9/Marzo/2007 sampedo

A que esperan o resto?

Gaias #2 9/Marzo/2007 Gaias

Iso digo eu, que teñen o resto de concellos de Galiza contra a nosa lingua, pra non apoiar un dominio galego?.

fvlano_am #3 9/Marzo/2007 fvlano_am

Pensaran que sera unha parvada apoiar iso.E que tomen nota outros

RiQee #4 9/Marzo/2007 RiQee

isto non lles reporta beneficios económicos(cartiños!), polo q non lles interesa...

anton #5 10/Marzo/2007 anton

Eu vou pedir ao meu concello que se sume ao de Rianxo xa!

lunet #6 10/Marzo/2007 lunet

Tense que mollar a Xunta. A min estanme defraudando en cuestión de informática, campo fundamental do desenrolo tecnolóxico das vindeiras décadas e aquí conformanse coas licencias microsoft. Logo van instalar o FinisTerrae, pero para que o usen os de fora. Precisamos do domino .gal e dunha axencia galego de desenvolvemento de software libre xa¡¡¡

Que collan exemplo de Andalucia que é toda unha potencia e sen superordenador nin ostias benditas¡¡¡

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: