Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Planes para atentar contra un centro de comunicacións

Al Qaeda quería botar abaixo a rede no Reino Unido

Scotland Yard impediu cunha serie de redadas que a organización terrorista atentase contra un nó de comunicacións en Londres.

Redacción - 14:32 11/03/2007
A policía londiniense evitou o atentado

A policía londiniense evitou o atentado

Segundo informa este domingo o semanal británico The Sunday Times, a rede terrorista pretendía facer caer internet no Reino Unido e causar así o caos nas empresas do país e na Bolsa de Londres.

A policía londiniense realizou unha serie de redadas nas que recuperou arquivos informáticos con fotografías dun centro de comunicacións de internet de alta seguridade na capital británica. A instalación alberga milleiros de servidores e é a sede dunha empresa subministradora de servizos de telecomunicacións a outras compañías.

Segundo o Sunday Times, a operación foi realizada por unha nova unidade do servizo de contraespionaxe británico destinada a protexer as principais infraestruturas do país claves, como centrais nucleares ou plantas de subministro de gas ou petróleo.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: