Un profesional que gaña centos de miles de euros ao ano non pode botar por terra o traballo de todo un equipo nun partido ao agredir a un contrario... ou si?
Minuto 61 de partido. O Celta gaña 1-0 nun disputado encontro ao Athlétic, un dos seus rivais directos na loita pola permanencia. Nese intre, o medio centro uruguaio Pablo García contesta a unha entrada dun contrario cunha agresión infantil e fóra de lugar. O árbitro expúlsao e o Celta vese condenado a loitar con dez por manter o resultado. Finalmente chegou o empate dos vascos, que mesmo poderían levar os tres puntos no último suspiro.
Ti que opinas? As agresións son parte do xogo e temos que entender que os xogadores acumulan moita tensión na cancha que as veces os leva a cometer estes erros?. Ou polo contrario cres que non ten escusa e que o propio club debería sancionar o futbolista que pon en perigo un resultado con este tipo de accións? Cóntanos o que pensas comentando esta noticia.
Atlético 2 – 0 Deportivo
O Deportivo asinou este domingo ante o Atlético e no Calderón a súa segunda derrota en 2007. Logo dun arranque de ano espectacular os de Caparrós quédanse sen sumar por segunda semana consecutiva. Un gol de Galleti aos 38 segundos puxo costa arriba o encontro para os branquiazuis. Malia os tímidos ataques coruñeses, os madrileños levaron o peso dun encontro que sentenciaron no minuto 85 grazas a un gol de Mista. Para a polémica queda un penalti reclamado polos galegos co 1-0 no marcador.
Celta 1- 1 Atlético
O Celta deixou escapar outra vez dous puntos de Balaídos. Desta vez foi ante Athlétic de Bilbao nun encontro que se sinalara como decisivo para ambos equipos, inmersos na loita por abandonar a antepenúltima posición da táboa. O gol de Ángel na primeira parte foi contrarrestado por Aduriz no segundo tempo, cando o Celta xa xogaba con dez pola expulsión de García. Ambos equipos dispuxeron no tramo final de ocasións claras para levar a vitoria, aínda que se chegou o final cun 1-1 inútil para ambos.
Ben... A verdade... eses son problemas das empresas, que deben xerentar internamente. Se eu fose xerente, dionoloqueira, poríao verde, si.
A ver o que di maxistratura ao respecto...
Eu creo que deberían sancionar, e duramente ademais. Cobran moito como para estar facendo esas parvadas cando un se está a xogar o descenso.
Se a expulsión fora por unha entrada forte intentando evitar outros males, entenderíase. Tal e como foi ésta, coa falta xa pitada e no centro do campo...este xogador semella moi pouco profesional e infantil. Os xogadores cobran moitos cartos por defender un clube e cando non o fan merecen un castigo deportivo e económico.
A facer o pailán a súa casa!!
A culpa e de todos nos por encumbralos.