Marta Fernández e Iván Iglesias foron subcampións da categoría na proba disputada este fin de semana en Cáceres.
Selección galega promesa masculina
A selección galega feminina da categoría promesa de cros rematou primeira na clasificación por equipos no Campionato de España de cros. Marta Fernández liderou a boa actuación do combinado ao proclamarse subcampioa, por detrás da castelá María Sánchez. No conxunto galego Alicia Folgar foi sexta, Erea Rodríguez oitava, e Andrea García décimo terceira. Na categoría masculina promesa, Iván Iglesias foi terceiro.
Pola súa parte, nos Campionatos de España cadete de pista cuberta, que se disputaron no Velódroma Luis Puig de Valencia, Leticia Fernández acadou o bronce mentres que Alicia Merino estabeleceu unha nova marca galega logo de sumar 2.380 puntos.