A lei estabelece, entre outros, a obrigatoriedade da paridade no executivo e a introdución de plans de igualdade nas empresas. O consenso social sobre a necesidade do proxecto non conseguiu a beizón dos populares.
Como único argumento en contra do proxecto desde o PPdeG referíronse este martes no Parlamento á súa convicción de que a iniciativa é unicamente unha teima do conselleiro de Traballo, o socialista Ricardo Varela, de lexislar "nun área xestionada fundamentalmente polo BNG".
A deputada do PPdeG Susana López Abella afirmou na Cámara que se trata dunha "lei pantalla" que só responde a "loitas internas do bipartito". López Abella preguntou tamén se a igualdade da muller "é interpretada pola Vicepresidencia do mesmo xeito que o fai o seu secretario xeral", en referencia á recente denuncia dunha antiga empregada doméstica do actual secretario xeral de Relacións Institucionais, Antón Losada, información feita pública pola publicación Libertad Digital e cualificada de falsa por Losada.
Na opinión do conselleiro de Traballo, os populares galegos rexeitaron apoiar un proxecto para o que en principio se agardaba o consenso porque anteriormente o PP negoulle no Senado o apoio á lei estatal de igualdade, que esta semana debe aprobar o Congreso. Varela laiouse de que o PPdeG mude posición dunha semana para a outra "perdendo unha oportunidade histórica". A nivel local por exemplo, a norma contaba xa co apoio explícito da Federación Galega de Municipios e Provincias, controlada polos populares.
A cuestión máis importante é que a xente non se da conta da política de falsedades do PP, non falo dos militantes aos que non lles iria mal unha pasadiña polo mundo das realidades, pero claro eles defende os seus intereses, mais pobres daqueles que lles van de comparsa, nen se enteran e por riba pensan que está ben asi. Unha pena. Xa se sabe: canta máis baixa é a formación do persoal, máis se responde aos estímulos primários.