A medida que se achega o apagamento analóxico, os gobernos toman accións para evitar que moitos cidadáns queden sen a posibilidade de ver a televisión.
Nos Estados Unidos, a data en que rematarán as emisións tradicionais será o 19 de febreiro de 2009. A administración de telecomunicacións e información estadounidense investirá 990 millóns de dólares en subvencionar receptores de televisión dixital terrestre (TDT). Cada fogar poderá solicitar até dous vales de 40 dólares para mercar adaptadores.
A pesar de que se pensara que a poboación se iría pasando á televisión dixital a medida que os receptores fosen baixando o seu prezo, aínda hoxe hai 20 millóns de telespectadores nos EUA que dependen do sinal analóxico. As asociacións de consumidores salientan o prexuízo que lles supón ás familias máis desfavorecidas teren que gastar cartos para poder seguir vendo a televisión despois do 2009. Tamén culpan as cadeas de televisión de non ofreceren unha programación atractiva e novos servizos.
A partir do 1 de xaneiro de 2008, todos os fogares estadounidenses poderán solicitar os cupóns de desconto. Terán que demostrar que non son usuarios de televisión por cable nin por satélite. No caso de que se esgoten os 990 millóns de dólares iniciais, o Goberno reserva unha partida adicional de 510 millóns.
O caso galego
No noso país, a situación é ben diferente, aínda que se podería ir asemellando á dos Estados Unidos conforme se achega o 3 de abril de 2010, data fixada para o cesamento das emisións analóxicas no Estado español. Dende o comezo, o Goberno estatal descartou a posibilidade de subvencionar os receptores, e opta por investir en campañas publicitarias. As únicas axudas públicas que existen polo momento, como a da Comunidade de Madrid, financian a adaptación das antenas pero non a compra de descodificadores.
En Galiza haille que sumar o problema da escasa cobertura da televisión dixital terrestre, estancada dende novembro de 2005. Durante este ano o Goberno estatal aprobará o plan de transición á TDT, que definirá o calendario até o 2010. Por agora, as obrigas son acadar o 85% da poboación estatal en xullo deste ano, o 90% en decembro do 2008 e o 98% no 2010 para as canles públicas e o 96 para as privadas. Isto significa que unha porcentaxe da poboación quedará sen poder ver a televisión o 3 de abril dese ano.
No Estado, a cobertura actual é do 80% da poboación e, dela, dous terzos aínda non son usuarios desa tecnoloxía. Resulta paradoxal que, pese a que España é o estado de Europa Occidental con meirande dispoñibilidade de TDT, é un dos que fan menos uso dela.
a tv é, aquí e nos usa, a maneira máis extendida de introducir nos fogares e nas mentes da cidadanía as ideas que a curia socioeconómica gobernante pergreña como verdades irrefutabeis da orde universal. así, nadie se pode estrañar de ese interés por facilitar ó telespectador o acceso a canles e contidos que van a incidir directamente no seu comportamento posterior. nada é certo mentras non aparece na tv e ante ese aparello construénse e deséñanse as casas, os barrios e as cidades. nada existe se non aparece retratado no cuadrilátero de plasma ou de cristal do salón e os demais medios van a remolque da puxanza das imaxes multicolores e dos sons insinuantes que viaxan polo espacio.
si se precisa crear unha necesidade para vender un producto perfectamente prescindible, o fabricante, o creativo e o pautador de tempos terán que chegar a un acordo e bombardear os relaxados televidentes que se solazan, logo dunha xornada laboral esgotante, con bailes furibundos e sorrisos estúpidos de persoaxes que enchen uns engalanados estudios no que a pulcritude é a esencia. si o que se pretende é invadir un país para roubarlle todo o que para o agresor pode ser de valor, un periodista empezará un bon día a dar novas acerca dos abusos que se cometen contra a liberdade ou contra as mulleres, a insinuar un descontento poboacional en ciernes ou do risco que para a rexión supón a lexitimidade de tal ou cal réxime...
eses son os nosos medios de desinformación, locuaces laburadores empecinados en volvelo mundo do revés, a lóxica e a razón transformada en mercadeo o servicio de intereses sempre expurios. e de todos eles, o máis perigoso, é a tv, tanto pola diseminación sistémica e enfermiza de receptores por tódolos confíns do orbe como pola sinxeleza da sua operativa: un libro, un periódico, un panfleto precisan unha certa complicidade do lector, un esforzo. un ordenador precisa unha certa destreza por parte do seu operador. pero un tv é unha ferramenta tan doada de manexar que os nenos, antes de saber comer pola súa man, xa son capaces de trocalo canle no mando a distancia.
ahora, como fenómeno que se retroalimenta a sí mimo e se reinventa de novo, xurde a panoplia da tdt para mellorar a nosa experiencia e diversión, en frase veleira de algún tecnócrata. canais e canais de programación que se solapan uns a outros buscando o espectador que sexa presa de calquera mensaxe ladino. antes tíñamos unha canle, duas, tres o sumo ca irrupción da galega. ahora temos, sen levantarnos do sofá, cincuenta posibilidades de evasión da realidade, cincuenta pirulas de pracer e deslume. cando as recorramos todas, poderemos dubidar de que algo que teñamos descartado na tecla tres xa teña trocado e quen sabe que novo paraíso podemos topar a volta do sintonizador? así esgotarémolo noso tempo buscando e buscando afanosamente aquelo que tardaremos en saber, aquel que consiga darse conta, que o que realmente buscamos non está na tv e que a grande arte, a grande trama que nos chama, é a nosa propia existencia.