Ana Míguez, do centro Alecrín, e Nanina Santos, da revista Andaina, ofrecerán diferentes perspectivas sobre este tema en Pontevedra.
Cartel que anuncia o debate
Como nalgúns país nórdicos, perseguir ó que paga por sexo, non castigar ás prostitutas.
vaia, vaia. inda me parece estar vendo a ana botella facendo proselitismo pola rúa montera mentras as receptoras dos seus desvelos torcían o xesto. a ver si marchan estes dunha vez e nos deixan traballar, que con tanto desplegue mediático espántanse os clientes, decían mirando o reloxio.
e que o que se prostitúe, sexa home ou muller, é unha persoa normal facendo un traballo que nin o cura, nin o siciólogo, nin o médico de cabeceira, nin o inspector de facenda consideran normal, pero que non deixa de ser unha ocupación coma outra. esas persoas teñen que ir o supermercado mentras está aberto, repostalo coche mentras a gasoliñeira surta e recollelos fillos das garderías como calquera fillo de veciño o final da xornada lectiva.
o cura, que o ten doado, dirá que eso é pecado e acabouse: a concupiscencia acabou con sodoma, con gomorra; tumbou o imperio romano e esnaquiza ahora os estados unidos. aquí métese polas regandixas dos nosos visillos e constitúe unha bomba de reloxería contra a familia, contra a propiedade privada, contra o estado.
o sicólogo dirá que atenta contra a autoestima e que as persoas que transitan por ese círculo son incapaces, á postre, de fixar os seus sentimentos e confianzas no sexo oposto, co que a soedade e a depresión están aseguradas para quen se atreva a dalo paso. o galeno dirá que o corpo físico é o templo da vida e que un uso desmedido do aparello sexual pode dar lugar a frixidez, infeccións, ets e un largo cúmulo de desastres producidos pola supresión voluntaria das menstruacións ou o uso recurrente de enemas que culminarán ca morte que tamén acabará con médicos, sicólogos e curas.
o inspector de facenda, máis mundano, devanarase os sesos buscando a fórmula para meterlle man a un pouco de ese diñeiro non reglado que salta sen problemas fronteiras e conciencias para entregarllo a partidos políticos, sindicatos, oenegés e empresas tecnolóxicas vinculadas a san bilgeits.
ah, a vida mesma!
de pequerrechos acostumáronos a pensarnos como seres únicos, tocados pola gracia do divino, neno eso non se dí, ahí non se toca. cunha entidade corpórea que non é outra cousa máis que a casca dunha profundidade que xa pode ser alma ou personalidade, enerxía universal ou cascalla cósmica. e os espalladores de conductas e subculturas metéronnos unhas tramas na cabeza que primaban unha certa concepción do mundo que únicamente servía os poderosos para manter ó resto como ovellas no curral. o cura de arriba, o médico, o lexislador, o rei eran os exemplos a imitar. pero non polo que facían, se non polo que decían. a conciencia da persoa do valor do seu propio corpo é un avance respecto o escurantismo medieval, da estupidez conxénita da especie: entrego o meu corpo a esta persoa a cambio do seu amor, pero tamén son libre de entregalo a cambio de ventaxas laborais, de diñeiro, dun viaxe en cruceiro polo volga, dun piso na illa toraia. son libre para comprar e para vender, son a miña propia mercancía e tódalas plusvalías que xenero son miñas e non de dios nin de alfonso trece/juan carlos primero.
ahora xa nadie cree en nada. nin en dios nin na virxe do carme. nin no rei. a todos nos dá igual que nos goberne zapatero que muamar el gadafi. é o perigo que fai vinte anos suxería o polaco aquel que bicaba o cemento o baixar dos avións: joven, el hedonismo es un trastorno pasajero. pasaxeiro é todo, santo padre, santa madre andaina ou alecrín.
prostituir tamén me prostituo eu. alquilo o meu corpo, a miña pouca intelixencia 8x5 horas/semana para rendir culto o capital, a cultura do emprego, a industria de almusafes e a escola de chicago. uns alquilamos unha parte, outros alquilan outra, pero todos estamos fodidos por moito que lle pese doutor house. ahora, como ben me decía alguén non fai moito, máis fodida está esa negra que é fea e ten que traballar de camareira en dous turnos de oito horas para ganar catro cadelas que aquela outra que está que te cagas e se levanta ( libres de impostos, amigo solbes ) seiscentos euros diarios nun clube calquera das nosas vilas e cidades ( por non falar xa dos servicios de luxo, que con tantos constructores e políticos ricos como hai están a xeneralizarse ).
van a recollelas frutas e a hostelería as que non valen para putas. nin para periodistas da cadena ser, nin para a maxistratura nin para modelos de alta costura. os que non aproban a opsición para levar un papel da planta baixa o despacho do alcalde nos concellos, os que edicións xerais non lles publica os versos, os que non temos oportunidade cas fillas de amancio ortega, podemos quedarnos facendo o parvo e pondo cara de extranados, pero mellor nos sería pornos o asunto canto antes.
ai nanina santos!, ai ana míguez! xa non queda a quen salvar, xa non hai outra consciencia que a de comer ben e vivir mellor. non hai nada de malo en foder e si por encima un cobra por elo, pois que maravilla.