Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Co apoio de Falcatruada e A Regueifa

Grupos galegos reinterpretarán os clásicos de Andrés do Barro

Preto de trinta bandas do panorama indie galego están a preparar un disco de versións de temas do cantautor galego.

Redacción - 14:51 17/03/2007
Andrés do Barro / Foto: galegos.info

Andrés do Barro / Foto: galegos.info

Bandas galegas de diferentes estilos acaban de pór en marcha un proxecto de homenaxe a Andrés do Barro, o primeiro cantante galego que acadou un número 1 na lista dos máis vendidos do Estado. Para acadalo, contarán co apoio da discográfica Falcatruada, que editará o disco, e mais da plataforma musical A Regueifa

Trátase dun disco recompilatorio en que grupos de pop galegos reinterpretarán cos sons e ritmos actuais os mellores temas do ferrolán. Xa se anunciou que o traballo contará con revisións de clásicos como Corpiño Xeitoso, Meu amor, Adeus adeus ou Para che falar de amor.

De momento aínda non está pechada a lista definitiva de artistas que participarán na homenaxe a Do Barro, pero desde Falcatruada asegúrase que participarán os grupos “máis rebuldeiros da nova escena musical do país”. O disco, que aínda non ten título definitivo, estará á venda o próximo mes de maio.


Documentos

5/5 (6 votos)


Comentarios (2)

casdeiro #1 19/Marzo/2007 casdeiro

Noraboa á Regueifa!!! Propoño que fagan o propio cun dos grupos máis desaproveitados da nosa historia musical: Fuxan os Ventos.

regueifeiro #2 30/Marzo/2007 regueifeiro

noraboa aos grupos, que a iniciativa é deles ;-)

e o de Fuxan os Ventos, si que acabará caendo. Se este sae ben non sería de estrañar que cada ano se argalle un tributo novo, e a lista é ben longa: Fuxan os Ventos, Resentidos, Los Tamara... incluso alguén xa propuxo organizar un disco tributo a Siniestro Total versionando os seus clásicos en galego.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: