Di que “os galegos do século XXI xa teñen onde comezar a súa educación, sen medo, sen complexos, con orgullo de sí mesmos e do seu país".
O vicepresidente da Xunta xoga cunha cativa nun dos centros
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, presentou na tarde do sábado en Boiro, Rianxo e Portas as tres primeiras escolas que forman parte da rede que está a por en marcha o seu departamento. Segundo o dirixente nacionalista, as Galescolas “que hoxe fretamos son o buque insignia da revolución tranquila do benestar”.
Os centros visitados na tarde do sábado contan con 217 prazas e dan emprego a trinta e tres profesionais. Desde Vicepresidencia anuncian a apertura de quince Galescolas ao longo deste primeiro cuadrimestre do ano e outras tantas antes de 2008.
Quintana asegurou na súa visita que os centros forman parte dunha rede fortalecida, cunha oferta de servizos moderna, equilibrada territorialmente e de calidade que "implica deixar atrás o déficit en materia de escolas infantís como un recurso básico para a igualdade e para conciliar a vida laboral e familiar".
O vicepresidente sinalou o importante papel destes centros para reafirmar a "identidade" propia, xa que a educación se impartirá en galego. "Os galegos do século XXI xa teñen onde comezar a súa educación, sen medo, sen complexos, con orgullo de sí mesmos e do seu país", subliñou.
Segundo Quintana, estas tres primeiras Galescolas exemplifican o modelo de centros que se queren estender ao resto de Galiza, “xa que se trata de centros modernos e funcionais, pensados para unha aprendizaxe que ten que ser para toda a vida”.
Unha boa nova a posta en marcha de estas escolas. A ver se empezamos a ver nenos neste pais que sexan educados integramente en galego. Pode ser que haxa esperanza para a superviviencia do noso idioma común?. Esperemos que así sexa.
De «integralmente» nada, Antodios. 33% e vai que se mata. Tal como dizem as leis espanholas. A usurpação do termo «GALESCOLA» chegou a extremos completamente repudiáveis. Agora os benegatas todos usam esse nome para dar-se importância e esconder que são uns ladrões e umas ladras. Que para tudo tem que haver paridade. Essas XUNTAESCOLAS são um placebo mais.
IMPRESIONANTE o señor Observador, coma sempre deixando o pavillón da intransixencia polas nubes, INCRÍBEL o seu desprezo reiterado polo traballo de verdade, ABSURDO este novo alarde de victimismo e demagoxia.
Ante a histórica nova da apertura das primeiras Galescolas, a primeira e única reacción do pseudoindependentismo é a pataleta tontuna contra o que eles non fixeron nin serán quen de facer nunca, ou mellor dito si foron capaces de facer algo, que é unicamente pórlle nome.
Ben pola Vicepresidencia, este galego está orgulloso deste traballo pioneiro na historia do noso País, como non pode ser doutro xeito. Adiante coas Galescolas!
ADIANTE GALIZA.
Ben falado maceirax. Observador, na Galiza sobras. Vaite a Cuba de Fidel Castro.
Os cadelinhos -merdeirax e demais- que nunca figerom nada (nem sequer por-lhe o nome a uma iniciativa própria) a aplaudirem o "tudo vale", a rirem-lhe as graças ao poderoso contra o débil e a louvarem os "arriscados heróis" que só começarom a abrir escolas em galego ... quando tiverom dinheiro público a disposiçom à enchenta .
Viva a ousadia, a iniciativa e a valentia dos nossos "libertadores" !!