Un Deportivo que xogou toda a segunda metade con dez homes pola expulsión de Arizmendi acadou os tres puntos ante o Xetafe grazas a un gran gol de Barragán a falta de dez minutos (1-0).
Pola súa parte, o Celta perdeu 2-0 na súa visita ao Sánchez Pizjuán. Kanouté de penalti e Kerzhakov anotaron os goles sevillistas. Canobbio foi expulsado por unha dura entrada e perderá o encontro da próxima xornada ante o Real Madrid.