Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Si irán corredores con peores rexistros

Dous galegos non estarán no mundial de cros malia estar entre os mellores do Estado

A Federación Española non convocou a Xesús de la Fuente e Sandra Aguilar para o mundial de cros que se celebra o próximo domingo en Quénia.

Redacción - 10:51 19/03/2007

Malia que os seus resultados sobre o terreo os situaban entre os elixidos para participar na máxima competición da modalidade, os dous galegos quedan sen viaxar até Mombasa. Todo é debido ao criterio de selección da Federación Española de Atletismo, que considera que outros corredores con peores rexistros no Estatal teñen máis opcións de medalla.

Malia que o santiagués Xesús de la Fuente foi oitavo no campionato de España, o técnico Luis Miguel Landa elixiu para a cita mundialista a Penti Jiménez e José Ríos, con peores resultados. En declaracións a La Voz de Galicia, o atleta di que “eles o perden. Isto o único que me da son forzas para amosarlles que están equivocados”.

Pola súa parte, Sandra Aguilar tampouco viaxará até Quénia, e iso que o seleccionador deixou unha vacante no equipo. A luguesa participou nos últimos seis mundiais e incluso quedou a un posto dos metais na cita de Cáceres.


3/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: