Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Lembrando ao 'cura das Encrobas'

Homenaxe a Moncho Valcarce no seu XIV cabodano

En febreiro fixéronse trinta anos do conflito das Encrobas. Este sábado, na Coruña, terá lugar un tributo a un dos seus protagonistas.

Redacción - 12:05 20/03/2007
Moncho Valcarce

Moncho Valcarce

A Irmandade Moncho Valcarce organiza este evento en que, ademais, serán concedidos os Premios Moncho Valcarce pola Defensa da Terra e pola Promoción da Terra. Os premios consisten nun busto de Moncho realizado polo artista Salvador Hernández, e xa os recibiron persoeiros como Xosé Chao Rego, Bautista Álvarez, Marisol Bravos, Isaac Díaz Pardo ou Manuel María, o grupo musical A Quenlla ou asociacións como Chavós.

Ramón Valcarce Vega, Moncho Valcarce, foi crego das parroquias de Sésamo e Sueiro do Concello de Culleredo (A Coruña), e o seu compromiso cos labregos contra as inxustizas quedou patente nas loitas das Encrobas, Baldaio, Xove, Enchousas, Larín, Portodemouros, ou pola cota empresarial. Como contan dende a Irmandade, “en todas elas, Moncho Valcarce estivo ao servizo dos labregos con humildade pero con firmeza. Por elo foi perseguido, denigrado, abandonado pola xerarquía eclesiástica, preso, golpeado, multado, acusado falsamente de atentar contra a forza pública..." Con todo, o que Ramón Muñiz definiu como "o Basilio Álvarez dos nosos días" converteuse nun referente carismático das loitas agrarias dende o nacionalismo. "Hoxe, Moncho Valcarce pertence xa ao ronsel de persoeiros históricos do agrarismo nacionalista galego, e como tal hai que rememoralo”.


4,17/5 (6 votos)

Comentarios (1)

BonKarallan #1 16/Febreiro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vai por ti, amigo Moncho. De seguro botarías un sorriso ao oir este relato, mentres dabamos conta dunhas cervexas "Estrela de Galiza", sen dúbida a mellor cervexa do mundo enteiro e parte do estranxeiro, no Bar Chamorro en Sésamo.

"A VERGOÑA DO GALEGO"

En Bruxelas realízase a convención mundial de produtores comerciais de cervexa, á que asisten os representantes das máis prestixiosas compañías cervexeiras do mundo.

Concluída a convención, todos os representantes reúnense a festexar o éxito do evento, para o que se atopan na cafetería do hotel onde tivo lugar a celebración.

Unha vez alí, non conseguen porse de acordo en que pedir. Para romper o xeo, o representante checo chama á camareira máis próxima e dille:

'Unha Budweiser, por favor'.

Chega a quenda entón do holandés, quen di:

'Para min, unha Heineken, se fose tan amable'.

A continuación, pide o danés:

'Gustaríame tomar unha Calsberg’.

E o mejicano:

'Tráiame unha Coronita'.

E o australiano

‘A min unha Foster’s se é tan amable? ‘

E o irlandés:

'Ponme unha Guinness'.

E así seguiron todos os representantes das compañías, pedindo a cervexa que eles mesmos producían.

O último en pedir foi o representante galego de "Estrela de Galiza", quen dixo:

'Pra min un auga mineral, por favor'.

Sorprendidos, os demais representantes pregúntanlle o porqué de tan estraña decisión, e por que non pediu unha “Estrela de Galiza”, ao que responde:

'Se vostedes non van tomar cervexa, eu tampouco'

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Moncho Valcarce durante a revolta de Baldaio
Moncho Valcarce durante a revolta de Baldaio
Moncho Valcarce nunha mobilización (Todas as fotos son da web da Irmandade)
Moncho Valcarce nunha mobilización (Todas as fotos son da web da Irmandade)