Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Prognóstico da Consellaría de Traballo

Entre retornados e inmigrantes, 82 mil veciños máis en 2010

Desde a Xunta subliñan a necesidade do mercado laboral de garantir novas incorporacións.

Redacción - 09:00 21/03/2007

Durante a súa visita a Bos Aires, o conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, referiuse á "particular demografía" galega e aos problemas que na súa opinión implica para o mercado laboral do país. Explicou Varela que Galiza sofre o paradoxo de estar necesitando a incorporación urxente de novos activos laborais e á vez 739 mil cidadáns están fóra de Galiza.

O conselleiro comentou a desigual relación entre a mocidade que é necesario que acceda ao mercado laboral e os adultos que están próximos á saída dese mercado. "Por cada catro persoas que poden entrar, están xa tres en idade de saír, cifra que vai en aumento", advertiu. Por iso, defendeu a necesidade de que Galicia incorpore retornados e inmigrantes.

Nese sentido, subliñou a necesidade de facilitar a chegada a Galiza de retornados e inmigrantes e destacou a intención da Xunta de potenciar a inclusión de emigrantes residentes en Arxentina na rede galega de emprego. "Se queren vir a Galiza ofrecerémoslles a formación que precisarán para incorporarse a un posto de traballo facilitarémoslles ofertas de emprego específicas", indicou.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: