Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segundo fontes do INE

Os salarios galegos están entre os máis baixos do Estado

Xunto con Murcia, Estremadura, as Illas Canarias, Valencia e Castela A Mancha, Galiza segue a ser das comunidades cunha media salarial máis baixa, malia medrar nun 20 % nos últimos seis anos.

Redacción - 19:18 21/03/2007
Tags: INE Salarios
A media do salario galego está nos 1.497 € / Foto: asocall

A media do salario galego está nos 1.497 € / Foto: asocall

O noso país é das comunidades con menor salario medio do Estado: no 2006 o INE situaba en 1.497 € a media dos ingresos salariais galegos, co que só quedan por baixo as cifras das Illas Canarias (1.395), Estremadura (1.410) e Murcia (1.478). Na cabeza están Cataluña, Euscadi e Madrid, con salarios próximos ou que sobrepasan os 2.000 €, segundo fontes do INE. A media do Estado supéranos en case 300 €.

Mais en canto a evolución con respecto ao 2000, cabe salientar que os salarios galegos medraron un 20,73 %, próximo ao 21,38 da media estatal: daquela, a media xiraba en torno a 1.240 €. O medre máis espectacular vivírono as Illas Baleares, nun 29,76 % nestes seis anos, seguidos de preto por Murcia (que, con todo, segue a ter os salarios máis baixos): esta subiu nun 27,09 %. No outro extremo, as outras illas, as Canarias, son nas que menos aumentaron os que xa en por si son os salarios máis baixos: dos 1.211 € do 2000 até os 1.395 de hoxe, a evolución foi dun 15.19 %.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: