Un ano máis, a Escudería Lalín Deza organiza unha nova edición do Rali do Cocido, proba coa que comeza a tempada oficial e que deixa imaxes como estas...
Trátase da primeira proba puntuábel do campionato Galego de Ralies. Nesta ocasión serán máis de 130 os pilotos que participen no
Rali do Cocido, que recupera este ano o coeficiente 8. A proba comezou oficialmente este venres coa realización das verificacións técnicas e administrativas no Centro Comercial e de Ocio Haley.
A primeira hora deste sábado disputouse a primeira pasada do treito de Doade cun total de 6,4 quilómetros. Pola tarde será no treito de Saborida onde os pilotos amosen a súa pericia e loiten por acadar os mellores tempos.