Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A serie estadounidense triúnfa na rede

A galega emitirá ‘Heroes’ a partir do verán

A serie, unha das máis exitosas da tempada, conta como cambian as vidas de varias persoas de todo o mundo cando descobren que teñen superpoderes.

Redacción - 14:00 25/03/2007



Os afeccionados galegos á ciencia ficción e as series poderán gozar desde este verán dunha das producións máis exitosas do ano, sen necesidade de utilizar internet e en galego. E é que ‘Heroes’ chegará ás pantallas da galega segundo confirman desde unha das webs máis visitadas sobre a popular serie.

Na liña de ‘Lost’ ou ‘Prison Break’, o serial está a ter un amplo seguimento a través das redes P2P de internet desde que se estrara o pasado 25 de setembro. Cóntanse por millóns as persoas que seguen a trama en todo o mundo ao mesmo ritmo que nos Estados Unidos grazas a programas como o emule ou o bit torrent e aos subtítulos que editan afeccionados apenas unhas horas despois da súa emisión.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: