Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O MESMO DÍA DOS DESPEDIMENTOS NA CORUÑA

Atento desviou 70 prazas a León

O mesmo día que eran despedidas 179 persoas que traballaban en Atento-Telefónica, na Coruña, ofrecíanse 70 prazas en León das mesmas características.

Redacción - 18:45 26/03/2007
5.000 persoas manifestáronse este venres na Coruña./ Foto: CIG

5.000 persoas manifestáronse este venres na Coruña./ Foto: CIG

O 20 de marzo realizáronse 179 despedimentos na Atento, filial de Telefónica da Coruña, e a empresa ofertou nese momento 70 prazas en León para o servizo de atención ao cliente, o mesmo que prestaba a xente despedida en A Coruña. A CIG insta á Consellaría de Traballo a que axilice os trámites para deixar sen efecto estes despedimentos fraudulentos.

Por outra banda, a empresa levou ao cabo prácticas de transmisión de datos de usuarios cara ao estranxeiro: Telefónica solicitou autorización para transmitir información dos usuarios do servizo de ADSL cara Uruguai, Guatemala e Perú, información relacionada coas tarxetas de crédito dos usuarios, datos bancarios, estado civil, modos de vida, afeccións, etc. A CIG salienta que isto pode ser un síntoma da deslocalización deste tipo de empresas na cidade da Coruña (no sector do telemárketing traballan unhas 5.000 persoas), e advirte da crecente deslocalización cara a países de Latinoamérica, ademais de vulnerar a confidencialidade dos clientes, polo cal solicitará unha xuntanza co novo director da Axencia Española de Protección de Datos (AXPD), para pedirlle que revise as autorizacións concedidas e paralice as que están en curso.


4.6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: