Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Dirixida por Pablo Rega

Improvisación orquestral para o martes á noite

Sesións vibracionais do mes de marzo na sala Nasa de Compostela.

Redacción - 18:59 26/03/2007
Cartel

Cartel

Unha orquestra de improvisación dirixida por Pablo Rega amenizará as sesións vibracionais da sala Nasa do martes 27. Durante a fin de semana, 18 músicos reuníronse para marcar as pautas que lle permitirán ao director crear a peza.
O seu obxectivo é fundar unha orquestra de improvisación libre formada por unha ducia de persoas, entre músicos e artistas plásticos, vencellados a Compostela ou ao Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro. A iniciativa xurdiu do grupo Parto e está a ser apoiada pola Nasa dende o ano 2003.

Os integrantes do grupo teñen como nexo común a creación sonora e visual a tempo real para compoñer un conxunto perceptivo vibracional único. O espectáculo comezará ás nove e media da noite do martes na sala compostelá.
Pablo Rega encargarase de canalizar a enerxía producida pola música de María Move (violoncello e voz), Pablo Pérez e Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo), MIG (guitarra eléctrica), Kike Otero (teclados), Madammecell (piano), Fernando Abreu (clarinete e clarinete baixo), Bernardo Martínez (saxo alto e clarinete), Fito Ares (saxo soprano e frauta traveseira), Pablo Sax (saxo soprano e saxo tenor), Rafa Xaneiro (electrónica), Xesús Valle (computadora e voz), Pablo Orza (voz e obxectos sonoros), LAR Legido e Patxi Valera (batería), Patxi Valera (batería) e Xacobe Lamas e Elena Vázquez (violín).


0/5 (0 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: