O Congreso dos deputados de Madrid debate se a palabra 'gallego' deixará de significar 'tonto' e 'tartamudo'.
O Congreso dos deputados de Madrid debate esta corta feira a eliminación do dicionario da Real Academia Española, RAE, das acepcións pexorativas da palabra 'gallego', sinónimo de 'tonto' e 'tartamudo'. Trátase dunha proposición non de lei, presentada polo deputado do BNG Francisco Rodríguez.
O termo 'gallego', segundo a RAE, só se usa no Salvador, como 'tartamudo', e en Costa Rica, como 'tonto'. Porén, Rodríguez considera que "a estas alturas non é de recibo que se poidan avalar formulacións vexatorias e xenófobas en nome dun criterio de rigor científico máis que discutíbel".
Lingua e territorio para 'catalán' e 'vasco'
Ademais, compara esta situación coas definicións de 'catalán' e 'vasco', casos en que o dicionario da RAE utiliza significados relacionados coa lingua e o territorio.
O BNG considera que estas acepcións resultan unha "sinonimia con prexuízos, estereotipada, vexatoria e pexorativa. Trasladar a xentilicios definicións caracterolóxicas de deficiencias humanas non pode ser avalado por ningún dicionario, moito máis se é pagado con fondos públicos", alega.
Acepcións quinta e sexta
Argumentan que este uso da palabra 'gallego' é "escaso" e "insignificante" para a aprendizaxe do español estándar. "Resulta chocante que ocupen os postos quinto e sexto por riba incluso da que fai alusión á palabra 'gallego' como substantivo referido á lingua dos galegos", acepción que aparece en sétimo lugar.
"O recoñecemento de usos, aínda que é un aspecto que no se debe obviar, ten uns límites que deben pasar polo rigor, a necesidade e por un certo bo gusto", engaden.
Non se debate se 'gallego' seguirá significando "parvo". Debátese se suprimen unha acepción dun dicionario escrito en concreto. Non sei qué me parece máis paradoxal: que os nacionalistas se preocupen pola lingua española, ou que os deputados se pronuncien sobre a redacción dun dicionario politicamente independente.
Afortunadamente os falantes do Salvador seguirán dicíndolles "gallegos" aos parvos, e eu tan orgulloso.
A noticia tamén está en El País. Os comentarios non teñen desperdicio, e a conclusión que podes tirar é que se galego significa tonto, iso é riqueza. Lástima que non entendan que por galego en latinoamerica identifican a todos os españois, porque de ser así seguro que non o toleraban. Inclúe o dicionario outras entradas racistas como "andar coma un chino", ou "traballar coma un negro"? Non, pero que quiten tonto como significado de galego é unha perrencha dos nacionalistas. E os de Lepe, que lle poñen, simpáticos?
Acepçons pejorativas que tem o judeu e o catalám como avaro por ej. nom aparecem mas si as negativas de cigano. Nom é critério científico mas racista, e mais umha vez ve-se que para os espanhois os galegos nom somos subjecto de respeito.
Mandade un prego a RAE dende eiquí:
http://www.ciberirmandade.org/sitio2005/index.php?option=com_obxetivos&task=envioweb&id=83
Xa van máis de 300!!
Gracinhas
O que se pica allos come. Vainos a quitar o soño o que digan dos galegos en Salvador e en Costa Rica? e que pensarán os dos seguintes países do que se di por aquí: enganeino como a un chinés. Fíxose o sueco. Fíxolle un francés ou un grego. É un cabeza de turco. Son uns portugueses. Hai moito sudaca...