Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
Exposición sobre a inmigración en Catalunya

De inmigrantes a cidadáns

O Museu Arxiu Tomàs Balvey de Cardedeu expón unha mostra titulada D'inmigrants a ciutadans. La inmigració a Catalunya, del franquisme a la recuperació de la democràcia. Centrada nos tempos da ditadura, pretende reflexionar sobre os movementos migratorios que recibiu o Prinicipat nese período.

Xabier Paradelo - 11:00 28/03/2007

O contido da exposición percorre principalmente o período de 1939 a 1975, no que a inmigración en Catalunya supuxo a chegada de máis da metade da poboación actual. Porén, os diversos campos nos que se divide parten da posguerra e chegan aos tipos de migración máis recentes, pasando polo "desarrollismo" franquista, as mobilizacións dos anos 70 e a chegada da democracia. Na visita pódese artellar unha visión histórica do fenómeno a partir de fotografías, proxeccións e testemuños sonoros.

Está producida polo Museu d'Història de la Immigració de Sant Adrià del Besòs e a Oficina de Patrimonio Cultural da Deputación de Barcelona.

Na web do Museu de Cardedeu, aínda se pode ver unha das compostelás máis antigas que se conservan, mostra para a escolma periódica para realiza para a súa edición en internet de pezas destacadas do seu catálogo.

EXPOSICIÓN

D'inmigrants a ciutadans. La inmigració a Catalunya, del franquisme a la recuperació de la democràcia

Museu Arxiu Tomàs Balvey de Cardedeu

Dr. Daurella, 1 | 08440 Cardedeu

Tel. 938 713 070


Horario: de martes a venres de 17.30 a 20.30 h; sábados de 11.30 a 14 h e de 17.30 a 20.30 h; domingos e festivos de 11.30 a 14 h; luns pechado.

Até o 29 de abril de 2006

Entrada de balde.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: