O voceiro do BNG, Francisco Rodríguez, sinalou que o uso despectivo da palabra é residual, "algo que recoñecen as mesmas autoridades de Costa Rica".
A Comisión de Educación e Ciencia do Congreso dos Deputados de Madrid aprobou por unanimidade, no mediodía desta corta feira, emprazar á Real Academia Española a revisar a pertinencia das definicións da palabra 'gallego'. Ademais, insta ao goberno español a se preocupar por esta cuestión ante a RAE, e salienta a independencia desta institución.
O parlamentario nacionalista Francisco Rodríguez, promotor da proposición non de lei, fixo un percorrido polas distintas edicións do dicionario da RAE dos séculos XVIII, XIX e XX até chegar ao século XXI, para demostrar que a definición de “gallego” non sempre recolleu os dous significados pexorativos e despectivos da edición actual.
'Cousa', 'criado', 'escravo'
Explicou que no século XVIII había tres edicións do dicionario. "A palabra 'gallego' aparece só como 'cousa pertencente a Galiza', namentres que catalán e vasco se definen como 'naturais de Cataluña ou Vascongadas'; nós somos cousas”, salientou. No século XIX, prodúcese “unha inversión; aquí 'gallego' é definido como natural de Galiza e pertencente 'a aquel Reino'".
No século XX, en concreto no ano 1936, “introducen unhas connotacións moi despectivas do vocablo 'gallego', tal como 'mozo de corda'. É dicir, criado ou escravo", sinalou Rodríguez, e engadiu que esta acepción "durou até 1970, ano en que se retirou porque, curiosamente, (Camilo José) Cela acabou por facer que o eliminasen; desde o ano 1970 ao 2001 vivimos en tranquilidade”.
A lingua, en sétimo lugar
Porén, segundo afirmou o deputado do BNG, no 2001 “regálannos con 11 acepcións da verba 'gallego'. E aí é onde o dicionario da RAE inclúe as acepcións quinta e sexta como sinónimos de 'tonto' e 'tartamudo', utilizado residualmente en Costa Rica e Salvador. Ademais, salientou que o relativo á lingua figura en sétimo lugar, e que se lle quita o matiz despectivo que ten en países como Arxentina, onde se emprega como sinónimo de español.
Espanha, fora da Galiza. "Gallego": natural da Republica de Galiza, no Noroeste da Peninsula Iberica.
"Gallego" em Argentina significa "espanol" so cando e pejorativo..Assim cando os argertin@s arremetiam contra as multinacionais espanholas (nomeadamente Iberia e Repsol) fazia-no ao berro de "Gallegos fuera!!"(s.c.)...Numha circunstancia neutra ou elogiossa o espanol e sempre "espanol"...Na Argentina ao galego natural de Galiza pejorativamente conheciase-lhe por "gaita"...Aos espanhois conheciase-lhes pejorativamente como "gallegos" basicamente polo moito que lhes amolava que os chamessem desse jeito, nom so polo da maioria de emigrantes do nosso pais...As coussas hai-nas que contar como som, nom como alguns quigeram que foram...Dende logo que ninguem culpa aos argentinos, se no fondo...quem som os argentinos?? Ate o seculo XIX eram espanhois e creoulos na sua maioria...e nessas chegarom os "tanos" (napolitanos, pejorativo pra "italiano") e os "gallegos" (de Galiza e pejorativo pra "espanhol")
Estou seguro de que esta nova vai aledar a moitos galegos por todo o mundo. Grazas ao BNG por promover a iniciativa!
http://www.fillos.org/galicia/index.php?name=PNphpBB2&file=viewtopic&t=1268&start=15
Si senhor, os arxentinos som espanhois, e ocupantes ilegais das terras sos Nativos Americanos.
Galiza Ceive!
É incrível como ainda se possa encontrar um significado de uma palavra de um conteúdo xenófobo como este no séc. XXI!! E ainda é preciso promover umha iniciativa para mudar uma coisa de tamanha estupidez?
E nos habemos empezar por volver ao noso orgullo. Cando quede algo no prato non permitamos que ninguen diga no dejes la verguenza del gallego, é a cortesía do galego, d@s b@s e xeneros@s, e se non subimos ou baixamos é porque somos enigmatic@s. E non somos desconfiad@s, somos caut@s e reflexiv@s.
Mandade un prego a RAE dende eiquí:
http://www.ciberirmandade.org/sitio2005/index.php?option=com_obxetivos&task=envioweb&id=83
Xa van máis de 300!!
Gracinhas
Tes razón Javier Alfaya. Cando queda algo no prato eu non permito que ninguen diga "no dejes la verguenza del gallego", pois eu cómomo e non deixo nada. Do outro, acepto que nos chamen "tontos" e "tartamudos" pero "españoles" ¡xamais!. Iso si que é un gran insulto, xa que non todos os galegos somos españois, só algúns. Pepiño Branco sen ir máis lonxe. É máis. Ese nin parece galego, aínda que pareza "tonto". Seguro que o viron por Costa Rica e Salvador e de aí a confusión.