A empresa Nestlé e as galegas Feiraco e Río xa anunciaron que manterán os seus pagos estábeis.
As tres organizacións sindicais maioritarias no agro galego (SLG, UU.AA e XX.AA) ofreceron este mércores unha conferencia de prensa conxunta para mostrar a súa unidade diante de calquera intento de baixar o prezo do leite. Os representantes dos gandeiros anunciaron que non dubidarán en boicotear a aquelas empresas que baixen o leite.
Para contrarrestar as intencións dalgunhas multinacionais, os tres sindicatos queren poñer en marcha, a partir do vindeiro 14 de abril, unha campaña informativa dirixida aos consumidores. Denuncian que empresas como a francesa Lactalis está a poñer contra as cordas aos produtores do país. Pola contra, danlle os parabéns a Nestlé e ás galegas Río e Feiraco que xa anunciaron que non van secundar a baixada.
A produción de leite, malia as sucesivas crises que sufriu o sector nas últimas dúas décadas, segue a ser un alicerce básico do medio rural galego. Na actualidade máis de 14.000 familias do país que rexen granxas de leite.
convidovos ao boicot. acabo de mandar este correio ao enderezo de contacto de lactalis (groupe.lactalis@lactalis.fr):
BOICOT A LACTALIS NUNCA MAIS VOU COMPRAR OUTRO PRODUCTO DE LACTALIS.
NUNCA MAIS.
JAMAIS PLUS
UN GALEGO ENFADADO....
Parabéns a Feiraco pola sua posiçom; no meu caso, já fidelizarom um cliente.
Eu agora síntome máis contenta de tomar leite feiraco cada dia!
Da gusto escoitar novas déstas.
Quero unirme ao boicot a Lactalis desde as páxinas de YoNoCompro.info : http://casdeiro.info/boycotts/index.php/2007/03/29/lactalis/
Invito aos lectores de Vieiros a propoñer alí outros boicots e empresas alternativas a estas multinacionais depredadoras, ou achegar toda a información que consideren relevantes sobre esta temática.