Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A FIN DA BURBULLA INMOBILIARIA?

As caixas prepáranse para unha forte desaceleración no prezo das vivendas

Se se cumpren os prognósticos, en 2008 e 2009 o custe dos pisos aumentaría como máximo un 1% anual.

Redacción - 10:35 30/03/2007
A vivenda subiu un 9,1% en 2006 / Foto: Cranes

A vivenda subiu un 9,1% en 2006 / Foto: Cranes

O presidente da Confederación Españolas de Caixas de Aforros (CECA), Juan Ramón Quintás, asegurou que no sector agardan que a burbulla inmobiliaria comece a desincharse aceleradamente nos vindeiros dous anos. Para Quintás é evidente que xa se está a notar unha “paulatina diminución da demanda no sector inmobiliario”.

O presidente da CECA cre que este ano o prezo da vivenda vai aumentar entre un 4 e un 5% e que en 2008 e 2009 o prezo podería estancarse ou incluso ter unha caída de até un punto. O ano 2006 pechouse cun aumento medio a nivel estatal de algo máis do 9%.


4.56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: