A Procuradoria-Geral da República non atopa indicios de delito na propaganda política, situada nunha rúa de Lisboa.
O cartel da polémica
Un cartel político con mensaxe xenófoba está a causar a indignación en Portugal. O de propaganda do Partido Nacional Renovador (PNR), situado na rúa lisboeta do Marquês de Pombal, contén a mensaxe: “Basta de imigração. Nacionalismo é solução. Façam boa viagem”.
A pesar da indignación da Assembleia da República, do Goberno portugués, do alto comisario para a Migración e Minorías Étnicas e de organizacións como SOS Racismo, a Procuradoria-Geral da República (PGR) considera que non hai delito na mensaxe.
Segundo a PGR, o cartel non promove a discriminación racial ou relixiosa, polo que non hai motivo para retiralo. Aínda así, vixiará as accións e as declaracións dos responsábeis do anuncio por se se pode converter nun vehículo de actos contra inmigrantes.
O líder do PNR, José Pinto Coelho, que aparece no cartel, dixo que é o inicio dunha campaña contra os inmigrantes para protestar contra as políticas gobernamentais que, segundo el, desprotexen os portugueses.
No país veciño, a propaganda política é libre e as súas mensaxes non están suxeitas á censura. 423.000 inmigrantes que viven e Portugal e catro millóns de portugueses están desprazados do seu país. Casualmente, Pinto Coelho estivo tres anos emigrado no Río de Janeiro.
Río de Xaneiro???
E por que nom Braganza, Valencia do Miño, Bexa, Espiño, Pobra de Barcín...já postos a adaptar à galego-espanhola os topónimos da nossa área lingüística
A sério, um respeito à toponímia: Rio de Janeiro
Cada vez os reintegracionistas parecédesmevos máis ao votante medio do PNR...
O unico fascista es ti, "Baixominhoto", o unico que solta a lingua pacer pra libelar, ORNEIAR e faltar ao respeito da opciom ortografica das pessoas...Como se nom se pode fazer semlhante e disparatada analogia?? Quem se cre vosse que e pra aldrajar assim sem mais?? O votante meio do PNR e sem duvida um moderado do PP madrilenho...Som nambo-los dous casos fachas nostalgicos de ditaduras, epocas coloniais que tanto empoleiraram a castelhano-espanhois como a lisboetas-lusitanos...Que tenehm que ver @s galeg@s com isso?? Se por partilhar lingua cos portuguesses e estado cos espanhois temos que ser coma eles..aviados iamos...Nom confundamos sres da Demagogia...@s galeg@S, senham de Aquem coma d'Alem Minho nom foram historicamente nem bem trataddos nem respeitados nas "pseudo-imperiais" Madri e Lisboa...Menos fume e mais estrume
A min o cartel non me parece correcto, ademáis de absurdo o posterior debate nos comentarios. Por certo, ¿alguén pronuncia London en lugar de Londres?
Nom e o mesmo caso Lunet. Nom faigamos caricaturas de balde. Rio de Janeiro e um nome universal e como tal se diz em castelhano, frances ou ingles (nem e Rio de Enero, nem de Janvier nem de January)..Londres e um desses sitios que, pola sua repercussom historica masi antiga acadou traduzom em diversas linguas..ao igual que Guilhelme de Occam (William Ockham) ou o prorpio Carlos Marx...Capisci??
Maeloc-do-Rouco: querer pertencer a nazón portuguesa, evitando ter unha nazón de seu, cunha lingua de seu e cunha historia de seu, non é outro xeito de colonialismo?
¿Sabedes que en Holanda non existe "La Haya?. Eu defendo a toponíma de todos os povos, e por iso, debemos decir London, New York, Denaag, Moscow, La Rioja, Guadalajara, Badajoz, etc., etc.- Se esiximos que nos respeten a nosa toponímia, debemos respetar a dos demais.
O millor ise é o motivo que ten o Pinto Coelho pra estar cabreado cos inmigrantes. O estar en Brazil. Ve que non fixo as américas é agora non quere cos americans "brasileiros" fagan as "europas". A Deco, Figo non o quería na selección portuguesa por nacer en Brazil. A xente resentida é un perigro na política. E senon que llo pregunten a Aznar. Que vai dicir.
Por certo, en castelán escrevese Rio de Janeiro mais non pronunciase como en portugués. En castelán si respetasen o nome deberían dicir Rio de Llaneiro.
Eu penso que é Den Haag.