Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SECRETARIO NACIONAL DA CIG-ENSINO

Anxo Louzao: “O decreto do galego é o resultado dunha loita constante”

Coida que é un primeiro paso para a normalización real e advirte que a CIG vai vixiar o seu cumprimento.

Redacción - 09:00 31/03/2007
Anxo Louzao

Anxo Louzao

Anxo Louzao naceu na parroquia de Calvos (Touro). Cursou estudos de Maxisterio, logo licenciouse en Historia e acabou de profesor de Lingua e Literatura Galega. Mais a súa militancia sindical empeza ben cedo, en 1978 afíliase á Unión de Traballadores do Ensino de Galiza (UTEG). No seu momento participou activamente no nacemento da CIG-Ensino, da que é secretario nacional dende 2001. O sindicato é un referente imprescindíbel no colectivo do ensino onde conta con 6.000 afiliados.

Louzao lembra con agarimo os seus primeiros pasos no mundo sindical: “Naquel tempo a afiliación era minoritariamente, case exclusivamente de cadros, hoxe, sen dúbida, somos unha organización de masas”. Recoñece que o ensino actual pouco ten que ver co de tres décadas atrás: “É obvio que houbo cambios, coa obrigatoriedade mellorouse moito pero quedan pendentes puntos cruciais que sempre defendemos como a galeguización real do ensino ou o laicismo”.

O novo decreto do galego
O secretario nacional da CIG-Ensino fala do último decreto aprobado pola consellaría para aumentar a presenza do galego nas escolas: “Entendemos que isto é o resultado dunha loita constante. Para nós é un chanzo importante, fundamentalmente se pensamos no marco que tiñamos”. Para Louzao o máis importante é lograr que se cumpran realmente os contidos do decreto aínda así, coida que se podería ter dado un paso un chisco máis ambicioso. Advirte que vixiarán para que se cumpra o decreto en todos os centros.

“Era urxente un cambio de goberno, dende logo os tempos pasados non foron mellores nin moito menos. A anterior consellaría caracterizábase pola falta de negociación. Agora vemos unha sensibilidade para reforzar o ensino público pero tamén hai bastantes aspectos que nos preocupan”, reflexiona. Entre as principais críticas está o feito de que non se reduciran as subvencións ao ensino privado ou incluso certa “arrogancia” nos últimos tempos.

Como exemplos sinala que a conselleira non negociou a última Oferta Pública de Emprego ou que impuxo un novo calendario escolar sen ningún tipo de consenso, ao que a CIG se opón frontalmente. Tamén bota de menos que o PSdeG “teña unha percepción da educación centrada en Galiza” e tamén coida fundamental un Estatuto do Profesorado Galego: “Como organización sindical vemos demasiada dependencia do que sucede en Madrid”.


4.56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: