A súa candidatura obtivo 177 votos, por 111 dos acadados pola lista do outro aspirante, Macías López.
Iria Aboi
Iria Aboi, da Unión da Mocidade Galega, colectivo xuvenil da Unión do Pobo Galego, é desde este domingo a nova secretaria xeral de Galiza Nova. Para a nova dirixente, estas dúas xornadas de asemblea serviron para pór enriba da mesa as “nosas debilidades e potencialidades” nun exercicio rico e democrático que deu como resultado o reforzamento “da nosa unidade”.
Este domingo o acto de clausura da X Asemblea Nacional de Galiza Nova correu a cargo de Francisco Jorquera, quen salientou a necesidade de que o BNG non perda o "espírito xuvenil". Nesta liña, o coordinador da formación nacionalista asegurou que, coma sempre, esta nova dirección de Galiza Nova vai contar con todo o apoio da formación política, mais apelou á autonomía da organización xuvenil para que nun exercicio de madurez se "corrresponsabalicen" do seu traballo.
Iria Aboi chega como un soplo de aire fresco a unha Galiza Nova sumida nunha lagoa ideolóxica e organizativa nos últimos anos.
Noraboa,ánimo e adiante
Bom, esse "ar fresco" de primeiras cheira algo mal, vendo os métodos utilizados em todo o processo assemblear (sequestro de listagens incluído) e o que se viu o domingo (carretagem massiva, mais votos emitidos que gente acreditada, ou mesmo pessoas que fôrom votar levando anos sem militar já em Galiza Nova). E muitas destas irregularidades apontam directamente cara a nova Secretária Geral.
Mesmo a proclamaçom da nova D.N. foi feita sem estarem presentes as 10 pessoas da outra lista, que estavam reunidas analisando as irregularidades (algo que sabia a Mesa), toda umha demonstaçom de respeito e talante democrático.
#2 Asi que as dez persoas da outra lista estaban ausentes... pois eu vin que estaban todos, xa non sei se é que vivimos en mundos distintos ou o que.
A UPG nom se corta nada para ganhar, em ADEGA, no BNG de Compostela, em Galiza Nova... Todo vale para controlar.