Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
MÚSICA TRADICIONAL

Obradoiro de Pandeireta e Canto Tradicional Galego

O obradoiro de pandeireta, impartido no centro galego, comezou a súa traxectoria no ano 2003. Despois de catro anos, pasaron por el máis de 30 persoas, practicamente de todas as idades, pero principalmente xente galega o con orixe galega. Informa Cris Amarelo.

Cris Amarelo - 09:00 02/04/2007

Aínda así, de cando en vez tamén se contou con xente catalá, doutras zonas do estado español e incluso Latinoamérica, afeccionados ó mundo da música tradicional ou ben con interese por coñecer a cultura galega.Os cursiños estrutúranse nun nivel de iniciación e un nivel de perfeccionamento e consisten no ensino da técnica de pandeireta e canto tradicional.

Moita xente decántase polos cursos de percusión ou pandeireta porque, a diferenza doutros instrumentos, non requiren coñecementos previos de solfexo, ademais do feito que o prezo dunha pandeireta, que está sobre os 30 €, é moi accesible. O segredo para dominar a besta? Practicar (se cho permiten os veciños) e poñer en práctica unha boa dose de troula.

As
persoas interesadas no canto popular xa poden inscribirse no Centro Galego de Barcelona.

Ob
radoiro de Pandeireta e Canto Tradicional Galego

Duración: do 11 de abril ó 20 de xuño de 2007

Nivel iniciación, mércores de 18:30 a 19:30 h.

Nivel intermedio, mércores de 19:30 a 20:30 h

Prezo: 30€ (de balde para os socios).
Número de prazas: 12.

Centro Galego de Barcelona
Rambla de Caputxins, 35-37 | 08002 Barcelona
Tel.: 93 301 28 92


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: