Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
SIMPOSIO DE SOFTWARE LIBRE PARA A SOBERANÍA TECNOLÓXICA

Venezuela é o único país que decretou uso de software libre

"Venezuela é o único país no que existe un decreto de carácter nacional para o uso prioritario de software libre na Administración Pública", segundo afirmou o enxeñeiro Francisco Palm, durante o seu relatorio Pensando a migración como un Hacker no marco do Simposio de Software Libre para a Soberanía Tecnolóxica. O evento, desenvolveuse no auditorio Simón Bolívar da Academia de Software Libre do Estado Falcón, organizado pola Fundación para o Desenvolvemento da Ciencia e a Tecnoloxía do Estado Falcón (Fundacite) e a Fundación Telecentros Educativos Comunitarios (Fundatec).

Xurxo Martínez Crespo - 11:52 02/04/2007

Francisco Palm, docente da Universidade dos Ándes, reforzou a súa afirmación tras considerar que o presidente Hugo Chávez insistiu en sinalar que o Coñecemento Libre é un factor imprescindíbel para alcanzar a soberanía tecnolóxica. Con todo, considera que a migración ao software libre avanza demasiado devagar. "Existen moitos obstáculos no sistema de valores da sociedade venezuelana actual. En particular, en relación á cultura do traballo e o diñeiro. É imperativo pensar a migración en térmos de solucións tecnolóxicas e non de sustitucións ou alternativas".

O catedrático defende a presenza dos hacker, referido á persoa que desenvolve destrezas técnicas en calquera área do coñecemento, caracterízase por unha sede insaciábel de coñecemento e un alto grao de autonomía, ao considerar que este "promove o acceso libre ao coñecemento en todas as súas formas, un dos principais alicerces da sociedade da información".

Dixo que os hackers xeraron todos os protocolos sobre os que está baseado internet, ademais opóñense á monopolización das innovacións, de feito, "as ferramentas fundamentais do software libre foron desenvolvidas por recoñecidos hackers".

"A ética hacker -proseguiu- agroma en contextos nos que o acceso á tecnoloxía non está seriamente restrinxido por razóns socioeconómicas. Require a conxunción de certo grao de conciencia social e destreza tecnolóxica".

O simposio contou con outros relatorios nas que tomaron parte o enxeñeiro Henry Rivero, do Centro Nacional de Tecnoloxías de Información (Cnti), quen disertou sobre a Rede Nacional de Integración e Desenvolvemento de Software Libre (Rende); a Calidade Sistémica e o Software Libre foi tema abordado polo profesor da Universidade Simón Bolívar, Kenyer Domínguez; o politólogo José David Gutiérrez, director de proxectos da Cooperativa Andinux, explicou Como sacar as máquinas do lixo, Servidor de terminais Linux; o enxeñeiro Jorge Uyá, da Superintendencia de Servizos de Certificación Electrónica (Suscerte), deu a coñecer os detalles verbo a Certificación electrónica en Venezuela e Juan Angulo Moreno, do Ministerio de Poder Popular para a Comunicación e a Información, falou verbo a Computación forense baixo ferramentas libres.

Junior Fraga, coordinador de Informática de Fundacite Falcón, indicou que a xornada da fin de semana completouse coa Feira de instalación de software libre, unha actividade que permitiu ao público en xeral dotar o seu equipamente de software libre, de xeito gratuita.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Nenos nunha escola informática en Caracas
Nenos nunha escola informática en Caracas