Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os peores enfrontamentos en 15 anos

Ducias de mortos e medio milleiro de feridos polos combates en Mogadiscio

O goberno somalí, apoiado por tropas de Etiopía, lanza varios ataques contra os grupos islámicos. Milleiros de persoas foxen da cidade.

Redacción - 09:00 03/04/2007

O goberno de Somalia solicitoulle aos civís que viven nas áreas consideradas máis conflitivas dentro da capital do país, Mogadiscio, que deixen os fogares antes de que se lance os probábeis novos ataques.

Paradoxalmente, o día anterior anunciárase que o clan Hawiye, relevante tribo somalí vencellada á Unión de Tribunais Islámicos, acordara renovar unha tregua cos militares etíopes. Con todo, o goberno somalí avanzou por boca do seu ministro de Defensa que non recoñecera ese acordo e insistiu en que lanzará novos ataques contra esas zonas. "Temos que limpar os elementos de Al Qaeda de Mogadiscio", subliñou.

O Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados laiouse de que arredor de 50 mil persoas tiveron que fuxir da capital nos últimos días.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: