A Fiscalía e a Avogacía Xeral do Estado pedirán este martes no Tribunal Supremo que se prohiba Abertzale Sozialisten Batasuna (ASB)
A Fiscalía do Estado considera que ASB é unha formación paralela a Batasuna e que iso é motivo abondo para quedar fóra do xogo electoral. Aínda que Arnaldo Otegi dixo esta mesma semana que o novo partido cumpre “escrupulosamente” a Lei de Partidos, o departamento que dirixe Cándido Conde-Pumpido sinala que os promotores de ASB son os mesmos que conforman a Mesa Nacional de Batasuna.
O Tribunal Supremo será agora o encargado de decidir se hai argumentos para proceder á prohibición. Sexa como for, dende a esquerda independentista sinalaron que a ilegalización de ASB é “un golpe directo” ao proceso de paz e a unha saída negociada.
resulta increíble que estemos chegando a estes puntos de ignominia. despois do teatro do absurdo, da pintura abstracta e da música dodecafónica, estamos a alumar unha política que é unha impertinente mezcolanza dos tres adxetivos anteriores, pero sin o contido creativo e identitario que para os artistas tiñan eses campos de expresión experimental.
todo faise cá complicidade, claro está, dunha cidadanía adormilada polos telediarios que empaquetan entrevistas a fernando torres, fernando alonso, fernando morientes e demais iconos fernandiles da vaguedade e da estupidez, servicios de noticias de deseño que falan de ongs e de okupas, de espectáculos na rúa e de movementos alternativos. mentras os usa aprestanse a un ataque nuclear contra irán que será presenciado como cine de evasión polo entramado bancario-familiar.
ahora perdemos a vergoña, sacámonos o velo. zapatero perde pé e dámonos conta que non é máis que outro invitado desta aberrante transición cara a nada. menguamos e menguamos, como a persoaxe de matheson, até alumar un novo horizonte do microscópico, do vulgar, do deleznable, do rastrero. tódolos aparatos do estado o servicio da estulticia, da tergiversación, da mentira. todos eles conformando de novo o estado represor que críamos domeñado.
creen que así manterán españa, creen que así manterán as súas prebendas, os seus postos, os seus cargos na administración xeral con base en madrid. pero están a armar a destrucción, pois o conglomerado caerase de podre. será suficiente que apareza un requicio por algún lado e todo esto que edifican con dúplicas e réplicas, barnices sobre o desconchado, dimes e diretes, baterá contra o chan e reducirá toda esta merda a escombro.
o único camiño que pode apuntalar un pouco a construcción é o recoñecemento da diferenciación, a posibilidade dunha nova e armoniosa reformulación de este vello e insolente estado centralista e ladrón que ten enganados e arrastrados o papel de meros súbditos a máis de corenta millóns de hipotecados cidadáns, cada un preso das súas respectivas deudas e culpas.
pero si, tal e como se prevé, os poderes públicos, tan alleos o público e tan cercanos as poltronas e as panzas de lexisladores e rexentes, anulan a candidatura de asb, será o acabose. estábamos al borde del abismo y fuimos capaces de dar un paso al frente, dixo unha vez un xeneral uruguaio, dando fé no discurso da súa elevada capacidad léxica e intelectual. aquí tamén, será o paso definitivo cara unha caída sen fondo. ignoro os resquicios legais no que se fundamentará todo o artiluxio, pero unha cousa está clara, incluso dentro da impresentable ley que suscribiron aznar e zapatero no seu momento: ningunha das persoas que conforman este grupo da esquerda aberztale está ilegalizada, se non que é unha plataforma política a que sí o esté, e ningunha de elas ten merma ou perda ningunha da sua capacidade política e organizativa. que coincidan en militancia e ideoloxía non pode ser obvice para frenar a formación dun colectivo. o feito de que unidade se diga en euskera batasuna non significa máis correa de trasmisión que si se dixera liberdade (askatasun ), que como se sabe é a verba que se esconde detrás da a de e.t.a. si dende galicia se presentase un proxecto que se denominase unidade patriótica socialista da terra chá, non creo que naide pudese armar tanto barullo. rajoy, un gran galego de pulpo e puro, non babaría os micrófonos ca sua lengua zarabeta e conde pumpido, gran galego tamén, non gazmoñearía detrás dos insolentes pelos da súas barbas. pero como son vascos, oh, dios mío, vascos, bascos, euskaldunes, terroristas, culpables de mil problemas, da violencia de xénero, da especulación, da guerra de corea... teñen que pasar por unha vergoñenta criba, teñen que arrastrse e publicar unha nota que ningún partido ten nos seus estatutos. acaso o pp non foi favorable a carnicería irakí, o psoe a balcánica e todos nos celebramos, como decindo que qué se lle vai facer, que harry s. truman mandara dous pepinazos nucleares en 1945 sobre a poboación civil de hiroshima e nagasaki?
anden a cagar e sigan roubando diñeiro e vontade, pero conmigo non conten para tanta ignominia. nin rajoys nin zapateros. e tampouco quintanas. chegou o momento de érguelo cú, e o que cale e otorgue esta vez, quedará manchado e mutilado para sempre.
Estou dacordo. O partido supoñemos que cumpre as normas democráticas, pois durante moitos anos foi legal é sen cambear seus estatutos deixóu de selo. Outra cousa son as persoas. Tamén presentase a Falanxe que é un partido fascista que admite a dictadura é foi partido do goberno con Franco. Casi ren. Non nos toquedes os collós. Hai que ser serio. Si Otegui é culpable de terrorismo terá que ir a cárcel, ainda que Aznar é culpable de destruir un pais inxustamente é mais anda ceibe por aí é o seu Partido sigue sendo legal.