Era un dos principais argumentos dos EUA para xustificar a invasión en Iraq.
Un informe de 120 páxinas elaborado polo propio Pentágono recoñece que non hai probas para establecer ligazóns entre o réxime de Sadam Hussein e a organización Al Qaeda. A conclusión é o resultado dos interrogatorios ao ex lider iraquí e dos numerosos documentos oficiais estudados logo da invasión. O relatorio foi feito público grazas ás xestións do senador demócrata Carl M. Levin, presidente do comité dos Servizos Armados do Senado.
Hai que lembrar que o goberno Bush sinalou, pouco antes de comezar a ocupación de Iraq, que había probas dunha relación directa entre os terroristas islámicos de Al Qaeda e o goberno de Sadam. Tamén sinalaba que Iraq posuía armas de destrución masiva, algo que co tempo se revelou falso.
Os yankees son uns fascistas e uns asesinos. Estos por 1 $ venderian á súa nai e a toda a súa familia. Son como o cabalo de Atila, onde poñan as "pezuñas" non volve a nacer herba!.
E pido ás autoridades xudiciais que declaren ilegal ao Partido Popular se non se desmarca do seu anterior líder Aznar e condena públicamente a invasión de Irak, baseada en mentiras e intereses económicos de Bush.
Eu também quero a cadeia para os gestores de Vieiros e a ilegalização para esta página, por manterem em condições infradigitais os seus próprios foros. LIMPEM OS FOROS DE SPAM! >:-(