Os doce gardas destinados en Galiza só asistiron a un cursiño de cinco días.
Hai pouco máis dun mes, o goberno estatal anunciaba que os grupos de axentes contra a corrupción urbanística estaban xa operativos. En Galiza están destinados doce gardas civís (tres por provincia) para desenvolver esta función. Porén, segundo denunciou este sábado a Unión Federal de Gardas Civís (UFGCS), os axentes carecen de formación específica. De feito, a asociación subliña que só asistiron a unhas xornadas de urbanismo que tiveron cinco días de duración.
Ademais, a asociación profesional sostén que “se está a contravir a lei” xa que a maioría dos axentes non sequera dispón do curso de policía xudicial. Dende a UFGCS advirten de que esta carencia pode anular calquera investigación nun xuízo.
Esto demostra a ¿inoperancia? ou máis ben complicidade dos gobernantes dos Concellos nos temas de Infraccións Urbanísticas.- Cada concello ten o seu propio Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM); se os Gardas Civis teñen que estudicar todos os PXOM, ..¡pobres de eles!.- Moitos Alcaldes deberían estar no cárcere por prevaricadores.