Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
O ataque ao pulmón do planeta

Deforestación e asasinatos van xuntos na Amazonía

A ausencia do poder público e a apropiación ilegal de terras son as principais causas da violencia nas zonas que máis sofren da deforestación na Amazonía brasileira.

Agência Brasil - 12:00 08/04/2007

Dos 100 municipios con maiores índices de deforestación, 61 están tamén entre os que presentan maiores taxas de asasinatos do país. Cinco deses concellos coinciden entre os dez primeiros postos de cada unha das listas.

A conclusión foi tirada dun estudo realizado pola Agência Brasil, que cruzou datos do Projeto Prodes – Monitoramento da Floresta Amazônica Brasileira por Satélite co Mapa da Violência dos Municípios Brasileiros, realizado pela Organização dos Estados Ibero-Americanos para a Educação, Ciência e Cultura (OEI), co apoio do ministerio brasileiro da Saúde.

A idea era identificar a relación entre a deforestación e a violencia nos municipios da selva amazónica brasileira. Para iso combinaron gráficos até 2005 dos 556 concellos coas maiores taxas de homicidios sobre o total de poboación e a taxa de deforestación. Eses municipios representan o 10% do total de concellos, pero en 2004 concentraron o 72% do total de asasinatos.

Entre os que coinciden nas dúas listas, 28 están no Mato Grosso, 21 no Pará, 8 em Rondônia e 2 no Maranhão. Os estados do Acre e Tocantins aparecen cun municipio cada un.

O autor do Mapa da Violência dos Municípios Brasileiros, Julio Jacobo, sinala a ausencia do poder público e a apropiación ilegal de terras como as principais causas da violencia na rexión deforestada. O investigador advirte de que existen tres principais focos da violencia no Brasil. O primeiro, nas capitais e rexións metropolitanas está ligado à exclusión social, que lle afecta principalmente á mocidade do país.

Os outros dous, no interior dos estados, teñen que ver coa interiorización do desenvolvemento e a ausencia do Estado. Na súa opinión, nalgúns concellos houbo un crecemento económico violento desde a década dos 90, cando as industrias comezaron a desprazar o capital ao interior. A falta de acción do poder público, estaría permitindo a actuación de grupos económicos relacionados especialmente coa apropiación de terras e os excesos no sector forestal. Subliña tamén o problema da escravización, cun absoluto desprezo polos dereitos dos traballadores.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: