Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SOBRE A SITUACIÓN DO GALEGO

Quintana: “Máis que paz lingüística isto xa parece a paz dos cemiterios”

O vicepresidente subliña que as galescolas son unha “necesidade imperiosa” para axudar a revitalizar o idioma.

Redacción - 14:05 10/04/2007
Galescolas

Galescolas

Anxo Quintana, sinalou que as desgaleguización que sofre o ensino non universitario vén herdado dos gobernos populares. Quintana acusou aos executivos presididos por Fraga de non ter aplicado as leis de normalización nos seus dezaseis anos no poder. Criticou a aqueles que sinalan que non hai un conflito lingüístico e rexeitou continuar “falando de paz lingüística, porque isto xa parece máis ben a paz dos cemiterios”.

Quintana agarda que o informe do Consello Escolar de Galicia, no que se sinala a dramática situación da lingua no ensino, sirva para que os sectores máis reacios á normalización do galego modifiquen as súas posicións. O vicepresidente sostén que queda claro que as galescolas son unha “necesidade imperiosa” e dixo, en referencia aos que as critican, que “se vivisen en Suráfrica na época do apartheid queixaríanse do abuso dos negros”.


4,81/5 (27 votos)


Comentarios (15)

Dias #1 10/Abril/2007 Dias

Como se pode colher avanços se seguem a existir instáncias superiores com GALÍCIAs no seus nomes?

pordaralata #2 10/Abril/2007 pordaralata

¿COMO TE ATREVES A CRITICAR, SR. QUIN, CANDO CONSELLEIROS DO BNG NOMEAN PARA POSTOS DE LD A PERSOAS QUE FALAN EN CASTELAN...?
NA TÚA PROPIA CONSELLERÍA HAI XEFES DE SERVIZO QUE SE DIRIXEN AOS CIDADÁNS EN CASTELÁN...
¿NON CHE PARECE QUE ERES UN CÍNICO...?

pordaralata #3 10/Abril/2007 pordaralata

Complementario:
Se queres nomes estou disposto a darchos. Unha pista: o caso máis vergoñento é do XEFE DE SERVIZO DE CULTURA (leva outro nome pero ao fin isa é a súa función) NA DELEGACIÓN DE LUGO (non só é castelán falante senón que tamén é de dereitas "de toda a vida". Como méritos ten ser o secretario do Rotary Club, membro dirixente do sindicato amarelo "CSI-CSIF", etc...

Souto-das-Dalas #4 10/Abril/2007 Souto-das-Dalas

Para ben ou para mal ainda non se pode botar ou despedir a un funcionario sen mais.

esquio #5 10/Abril/2007 esquio

Erache unha solución, Souto-das-Dalas, poder despedir aos funcionarios que incumpran a lei... ainda que sexa a de normalización Lingüística

Barcelos #6 10/Abril/2007 Barcelos

Pois sí. Eu queixareime do abuso do abusador, sexa do cor que sexa. O acaso o totalitarismo de esquerdas e millor co de dereitas?
Era Stalin millor que Hitler? Para fora parecía que sí, mais para os rusos que matou supoño que non.

A2b2 #7 10/Abril/2007 A2b2

Se non se predica co exemplo, de nada vale esixirlle aos demais.

piorno #8 11/Abril/2007 piorno

O sr. Quintana perde credibilidade por nom saber falar galego com umha mínima correcçom, por ser incapaz de pronunciar duas frases seguidas na nossa língua sem cometer vários erros próprios de umha pessoa analfabeta em galego. Havendo cursos como há, é incompreensível que quem se reclama defensor da língua desde um posto político de responsabilidade como o que ele detém, continue a teimar na irresponsabilidade de falar da maneira que o fai.

O sr. Quintana perde credibilidade por nom ser capaz de recuperar o seu próprio apelido originário, o galego Quintã, mantendo a forma deturpada «Quintana».

O sr. Quintana perde credibilidade por usurpar o nome das «Galescolas», autênticas escolas em galego promovidas desde a sociedade civil pola associaçom VOGAL, para promover um projecto de escolas que, finalmente e sem dúvida, serám um elemento mais de desgaleguizaçom.

O sr. Quintana perde credibilidade por ter renunciado à Conselharia de Educaçom e à responsabilidade em Normalizaçom Linguística, tudo por fazer parte de um governo a qualquer preço, mesmo chegando a vender a língua.

O sr. Quintana perde credibilidade por nom fazer outra cousa que falar desde que está no governo. A normalizaçom linguística precisa de factos e trabalho, muitas vezes surdo.

As palavras do sr. Quintana na última noite eleitoral quando falava «DESTA ERMOSA NACIÓN» (sic), afinal ainda ham resultar premonitórias. Erma é como a vai deixar se nom muda o passo.

OBSERVADOR #9 11/Abril/2007 OBSERVADOR

O logótipo das Galescolas??????

LADRÕES!!!

E QUE DIZEM, QUE DÁ VERGONHA A SITUAÇÃO DO GALEGO???!!!

DEFENDAM OS DIREITOS CIVIS!!!!!

casdeiro #10 11/Abril/2007 casdeiro

E logo se é así como di, dos gobernos anteriores... non se pode denunciar aos responsables por prevaricación ou algo semellante? Se temos leis será para evitar que as pasen polo forro... os responsables políticos os primeiros!!! >:-(

Xa é tempo doutra "política" -> d-3.info

xacataca #11 11/Abril/2007 xacataca

OBSERVADOR es un toca güevos de moito coidado. Por que non emigras, meu?

pordaralata #12 11/Abril/2007 pordaralata

Perdón, perdón. NON SE TRATA DE DESPEDIR A NINGÚN FUNCIONARIO. Simplemente se trata de que aqueles postos de dirección que o BNG pode nomear LIBREMENTE entre funcionarios, non o faga a favor de funcionarios que NON FALAN EN GALEGO.
Polo menos que non premien (teñamos en conta que nalgún caso o nomeamento signfica meterlle no peto a ese funcionario sobre 700 euros máis ao mes).
Non persigamos, pero non ASCENDAMOS aos que fan a contra, digo eu.

spider #13 11/Abril/2007 spider

Creo que nos estamos a desviar. Aquí o problema, é que non existe tal paz lingüística, máis ben todo o contrario, existe unha permanente e sistematica ofensiva a prol da castelanización civil. As operacións máis simples son dúas ó meu xeito de ve-las cousas: a transmisión interxeracional, que non sei por que pero estase a perder (as avoas galego-falantes falan os netos nun castelán horrible) e a educación infantil e primaria, que onde os nenos collen o vocabulario e empezan a falar. Despois todo sería aproveitar esta inercia.

OBSERVADOR #14 11/Abril/2007 OBSERVADOR

Obrigado pelo comentário, Xacataca. De tudo aprende um. Não emigro, não. Fico por cá.

Spider, e logo como não sabes por que se perde a transmissão intergeracional? Pergunta-lho a Quin, que fala da paz dos cimitérios...

OBSERVADOR #15 11/Abril/2007 OBSERVADOR

BNG, ladrão de galescolas. PSOE, ladrão de direitos fundamentais. PP, ladrões em geral, especializados em tudo.

Assim não há maneira...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: