Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
AMEAZA CUNHA MOBILIZACIÓN

A Asociación de Internautas alerta que a SGAE poderá censurar webs

O Goberno tramita unha reforma que obrigaría a retirar os contidos que as sociedades de autores consideren ilegais, segundo a AI.

Redacción - 18:10 10/04/2007

A Asociación de Internautas (AI) alerta que o Goberno pretende converter á SGAE e a outras entidades similares nas censoras de Internet. A acusación basease na reforma da Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE), que mañá dará un novo paso adiante antes de ser remitida ao Consello de Ministros.

A SGAE, xuíz e parte
O borrador obriga ás empresas que publican webs a “bloquear os contidos presuntamente ilícitos a petición da SGAE e entidades análogas”, segundo a AI. Esta institución lembra que o Consello de Estado, órgano asesor do Executivo, xa cualificou o proxecto de “restritivo” para con a liberdade de uso de Internet.

A AI defende que só os xuíces poidan ordenar a retirada de contidos do ciberespazo, como sucede ata agora. Por iso ameaza que, de ser aprobadas finalmente as restricións, organizará “unha campaña de mobilización similar a que se segue desenvolvendo contra o canon”.


4.86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: