Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xuízo polas matanzas da década pasada

Primeiras condenas en Serbia polos crimes de guerra en Bosnia

Un tribunal de Belgrado condenou a catro paramilitares acusados de participar nos asasinatos masivos realizados en Srebenica en xullo de 1995.

Redacción - 08:00 11/04/2007

Foi a matanza colectiva coñecida máis grave en Europa desde a 2ª Guerra Mundial. Forzas serbias, co xeneral Ratko Mladic á fronte, entraron na cidade de Srebenica, de maioría musulmana, onde se refuxiaran milleiros de persoas. Fronte á inacción dun equipo de cascos azuis das Nacións Unidas que tamén estaban no lugar, asasinaron a preto de dez mil persoas.
 
Catro dos paramilitares que presuntamente participaran na matanza foron agora xulgados e condenados en Serbia a penas que están entre os cinco e os vinte anos no cárcere. O xuízo comezara hai seis meses e eran acusados en concreto do asasinato de seis persoas, entre eles tres rapaces. Dúas ducias de testemuños escoitáronse no xulgado, relatando como executaran aos catro primeiros e logo de obrigalos a transportar os cadáveres dos compañeiros fusilaron os outros dous.
 
Trátase dun paso importante na resolución dos crimes de guerra cometidos por militares e paramilitares serbios. O proceso iniciouse en xuño de 2005, cando o Humanitarian Law Center, un colectivo serbio, entregoulle ao Tribunal Internacional para a Antiga Iugoslavia, un vídeo que recollía momentos dos asasinatos.


0/5 (0 votos)


Comentarios (2)

serbia #1 11/Abril/2007 serbia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Porén hai unha eiva: as condenas son febles de 5 anos -para os paramilitares que "observaron" a execución- a 25 anos -para os que efecturaron os disparos. O presidente serbio, Tádich, xa solicitou unha apelación da condena para aumentala.
E dito sexa: Bosnia-Hercegovina aínda non condenou a ningún bosniáco por crimes de guerra. Tanto Croacia como Serbia xa levaron a cabo varios xuízos relativos coa implicación de cidadáns desas repúblicas en masacres e matanzas de civís. Con todo, aínda queda moito por facer, especialmente de cara a opinión pública.

serbia #2 11/Abril/2007 serbia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E por certo, isto coincide, temporalmente, cunha interesante polémica en Croacia. A partir do próximo curso, un dos libros de texto da materia de historia na educación secundaria croata (mellor dito, unha das edicións dos 3 libros de texto que a escola pode ter como libro de texto) cita por primeira vez que o exército croata cometeu crimes contra a poboación civil serbia en agosto do 95 durante e despois da operación Oluja (treboada) que conquistou a república da Krajna Serbia para a república. Loxicamente, a opinión pública está divididad, pero é o enésimo esforzo do goberno croata para canto antes acontezan as mudanzas, mellor. E todo isto co HDZ no goberno, é dicir, o partido de Tuđman, de dereitas e co que Croacia acadou a independencia.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: