Manuela e Rosita, dúas veciñas da parroquia lalinense de Zobra, van contando, ao tempo que elaboran o prato, a evolución dunha freguesía rural.
As dúas mulleres lembran na reportaxe da canle local DezTV Zobra, 60 anos de cocido como se foi despoboando o territorio da parroquia e decaendo a súa vida, como cambiou a súa fisonomía e como se producen variacións estacionais no seu número de habitantes. Todo isto ao tempo que explican o proceso de elaboración dun bo cocido. Velaía a suma entre a gastronomía e a crónica dun mundo que se vai.