Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMO MEDIO DE TRANSPORTE SOSTÍBEL

O Parlamento receita bicicletas para combater a contaminación

Os deputados instan á Xunta a poñer en marcha un plan para que aumente o seu uso entre a poboación.

Redacción - 18:15 11/04/2007
Bicicletas estacionadas / Foto: daquella

Bicicletas estacionadas / Foto: daquella

Para avanzar ás veces o mellor é botar a vista atrás. Eso é o que deberon pensar os parlamentarios galegos. Este mércores aprobaron unanimemente unha proposición non de lei na que se lle pide á Xunta un plan que fomente o uso das bicicletas. O obxectivo é “revalorizar este medio de transporte sostíbel”. Para iso, os deputados pídenlle á Xunta que colabore con concellos e deputacións para mellorar as beiravías.

Se atende a petición parlamentaria, a Xunta traballará para aumentar os viais para bicicleta, especialmente nos campus universitarios e nas cidades. Os tres grupos salientaron a súa importancia como medio “sostíbel, económico e san”. Se o goberno cumpre a orde da cámara podería haber xa partidas orzamentarias concretas nos vindeiros orzamentos.


4.6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: