Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
477 de novo ingreso

O goberno oferta máis de 1.000 prazas de emprego público para 2007

Supón un incremento de máis do dobre, con respecto ao ano pasado, no relativo ás prazas correspondentes a escalas da Administración xeral e corpos da especial.

Redacción - 14:29 12/04/2007

O Consello da Xunta aprobou este xoves a oferta de emprego público para o ano 2007, que inclúe un total de 1.035 prazas. Esta oferta supón un incremento de máis do dobre, con respecto ao ano pasado, no relativo ás prazas correspondentes a escalas da Administración xeral e corpos da Administración especial. Ademais, a oferta de emprego público deste ano eleva a cota de acceso para discapacitados ao 7%.

A oferta de emprego público inclúe as necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que non poden ser cubertas cos efectivos de persoal existentes. O decreto aprobado dispón que se durante o exercicio orzamentario de 2007, como consecuencia de reestruturacións, resolución de procesos de provisión ou da publicación de novas relacións de postos de traballo, quedasen máis prazas vacantes poderán incluírse nunha oferta complementaria.

Persoal de novo ingreso

A oferta de emprego público comprende prazas para persoal de novo ingreso correspondentes a distintos corpos e escalas da Administración xeral e especial e tamén distintas categorías de persoal laboral fixo. Neste sentido, inclúe 477 prazas para a Administración xeral repartidas en 374, para corpos xerais, e 103, para escalas da seguinte maneira:

Corpos xerais:

  • Superior da Administración da Xunta (grupo A) 27
  • Administrativo da Xunta (grupo C) 39
  • Auxiliar da Xunta (grupo D) 103
  • Subalterno da Xunta (grupo E) 205

Escalas:
  • Escala superior de estatísticos (grupo A) 4
  • Escala superior de finanzas (grupo A) 8
  • Escala de inspección urbanística (grupo A) 6
  • Escala de letrados (grupo A) 3

Grupo II:

  • Técnico/a ambiental 3

Grupo III:
  • Axente auxiliar inspección transportes 5

Grupo IV:
  • Legoeiro/a 55

Promoción interna

No ano 2007 convocaranse 301 prazas en promoción interna independente para os funcionarios dos distintos corpos da Administración xeral da Xunta de Galicia. A distribución de prazas é a seguinte:

Corpos xerais:
  • Superior da administración da Xunta (grupo A) 28
  • Xestión da administración da Xunta (grupo B) 19
  • Administrativo da Xunta (grupo C) 131
  • Auxiliar da Xunta (Grupo D) 120

Escalas:
  • Escala superior de finanzas (grupo A) 3


4.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: