Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Vinte dos traballadores denunciaron lesións

A Policía desaloxa un grupo de funcionarios que protestaba en San Caetano

A mobilización, convocada por CIG, queixábase da política de persoal da Consellería da Presidencia.

Redacción - 18:21 12/04/2007

Un grupo de funcionarios que protestaba en San Caetano contra a política de persoal da Xunta foi desaloxado violentamente por axentes da Policía Autonómica. Vinte dos afectados presentaron unha denuncia cos seus correspondentes partes de lesións.

O sindicato CIG, que convocou a mobilización, cualificou os feitos como “de máxima gravidade” e pediulle responsabilidades e explicacións ao presidente da Xunta pola actuación represiva das forzas de seguridade. Segundo o comunicado, os funcionarios protestaban de xeito pacífico polo seu descontento coa política de persoal do conselleiro da Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu.


4,43/5 (7 votos)


Comentarios (1)

pordaralata #1 14/Abril/2007 pordaralata

Teño entendido que os advertiron varias veces antes de intervir a policía... Antes, cos do PP, nin sequera poderían manifestarse. Unha cousa é manifestarse e outra impedir a celebración do Consello da Xunta. Un pouco de sentidiño non viría mal.
E ademais o que reivindicaban é un PRIVILEXIO con desprezo total dos dereitos de miles e miles de opositores que non teñen a oportunidade de traballar como interinos.
NON TEÑEN RAZÓN: se non queren estar como interinos que se vaian para a casa, que os seguintes da lista ben contentos que estarían con ter a oportunidade que eles teñen.
Mentres outros se ven obrigados a traballar no que sexa para pagar as academias e poder sobrevivir eles recollen un bo soldo nas oficinas públicas...
Os sindicatos defenden os intereses dun grupo de privilexiados que non queren estudiar. Que compitan libremente cos que están fóra, e que entren os mellores. NON TEÑEN RAZÓN.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: