Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
A APOSTA POR FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO

Mozos e mozas galegas apostan a que SÍ son capaces de frear o Cambio Climático

Amigos da Terra pón en marcha en colexios de educación primaria e secundaria das catro provincias a nova edición de "A aposta por frear o Cambio Climático", integrándose un ano máis na cadea europea. Nesta campaña nen@s, moz@s e educadores amosaran á Consellería de Medio Ambiente que con medidas cotiás lograrán reducir o consumo enerxético do centro educativo nun 8%.

Amigos da Terra - 20:05 12/04/2007
Tags:

“A Aposta” pretende informar e concienciar aos mozos e mozas sobre un dos problemas ambientais máis importantes que sofre o noso planeta, o Cambio Climático. Esta campaña, que comezou en Alemaña no ano 1998, os mozos e mozas apostan que son capaces de reducir o 8% das súas emisións de CO2 no periodo de febreiro a maio do 2007. En Galicia vense facendo desde o 2002, pero por vez primeira a administración galega financia a campaña, “este ano contamos por vez primeira co apoio da Consellería de Medio Ambiente, sendo a contraparte da campaña e premiando a aqueles centros que cheguen a cumplir co compromiso de aforro, asimesmo aqueles que non sexan capaces de acadar o 8% de redución deberán compensar á Consellería con algunha acción”, declara Cristina Gómez, responsable da Campaña. Esta semana representantes de Amigos da Terra visitarán aos centros, IES Ponte Pedra (Ponteareas), IES 12 de Outubro (Ourense), CEIP Saco e Arce (Toén), CIP José García García (Ourense) e ao IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras) formalizando o compromiso de aforro e presentando un almorzo alternativo, unha dinámica de concienciación na que se analizan os custos ambientais dos produtos que consumimos no noso almorzo diario, e buscando alternativas posibles e necesarias que minimicen as emisións de gases efecto invernadoiro.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: