O xefe do Estado Maior turco, o xeneral Iasar Buyukanit, pediu unha "decisión política" que axilice o permiso para unha "operación transfronteiriza" no Curdistán.
Na súa primeira intervención pública desde que hai case un ano chegara ao cargo, o xefe do exército turco insistiu en que o goberno debería autorizar xa unha operación contra o norte de Iraq. Buyukanit advertiu de que actualmente os grupos guerrilleiros curdos gozan de "gran liberdade de movementos" na zona.
Desde a beira iraquí do Curdistán, o presidente do goberno autónomo curdo, Massoud Barzani, criticou que Turquía teime en entremeterse nos asuntos que non lle atinxen. No fondo abrolla a presión sobre Kirkuk, enclave petrolífero que os curdos de Iraq pretenden poñer definitivamente baixo o seu control. O elevado número de empresas turcas que xa traballan nesa área e o gran volume de negocio que xeran, podería acelerar unha operación militar turca para tentar conseguir o control á súa vez.
Realmente queren estar na U.E.??
Realmente queremos que eles estejam na UE?
Turquia e um estado fascista e terrorista, responsavel do xenocidio de 1 milhom de armenios e gregos de Ponto, e que afoga aos nossos irmaos do Curdistam.
E eu nom quero este lixo na Uniom Europeia.
Eu tampouco e os fanáticos ismalistas supoño que tampouco quererán, ainda que por outros motivos. Tampouco quero estar na OTAN con EE.UU. nin na ONU cos matons que teñen dereito o veto: USA, Rusia e mais China. Ao final é mellor estar só que mal acompañado.
Aznar collería do brazo a Bush e diría: "Este y yo nos cagamos en la madre que parió a todos los que no estáis aquí, con nosotros".