Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Obra "faraónica"

Iberdrola quere furar o Canón do Sil para facer unha hidroeléctrica

A proposta de aproveitamento eléctrico proxecta bombear auga no embalse de Santo Estevo até un encoro artificial no cumio do canón.

Redacción - 09:00 13/04/2007

Trátase dunha central de bombeo que estaría no embalse de Santo Estevo, no concello de Parada do Sil, e desde onde se eleva a auga até un encoro artificial de 37,5 hectáreas, 800 m arriba do río na cima do canón. Dende aquí deixaríase caer por gravidade para turbinala e producir electricidade. Tanto o encoro como as quilométricas conducións subterráneas sitúanse nas ladeiras do Canón do Sil, Lugar de Interese Comunitario e espazo integrado na Rede Natura galega.

"Esta obra faraónica implica un importante movemento de terras e unha intervención profunda (e nunca mellor dito xa que furaría todo o macizo) nun espazo protexido, provocando un ferinte impacto paisaxístico nun lugar onde é precisamente a paisaxe o seu valor fundamental, foco de atracción turístico a nivel europeo", advirten desde Adega.

Máis no Canal Verde.


4,59/5 (17 votos)


Comentarios (2)

uxio1976 #1 13/Abril/2007 uxio1976
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que pesará máis? O modelo desenvolvemento 3º mundo, é dicir, investimento onde sexa e o custo que sexa -expoliación de materias primas e terra queimada ó se esgotar-, ou o modelo de desenvolvemento sostible e integrado nunha visión global do país. Ei-la cuestión.

Dias #2 13/Abril/2007 Dias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Desenvolvimento sim. Mas nom nestes moldes! A preservaçom do ambiente e da paisagem natural galega nom pode dar lugar ao desenvolvimento desenfreado e poluente.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: