O furado dos petos é un 2,1% máis grande ca en abril do ano pasado.
Galiza sufriu entre marzo e abril unha das maiores subas de prezos a nivel estatal, quedando o incremento do Índice de Prezos ao Consumo no 0,9%, segundo indican os datos do INE. Por riba desa porcentaxe aparece a provincia de Pontevedra, un 1%, e no outro estremo está Lugo, onde a suba para no 0,7%.
Desde abril de 2006, A Coruña aparece como a provincia onde o IPC máis subiu, cuns prezos un 2,3% máis caros. Ese incremento interanual foi dun 2% en Pontevedra, dun 1,7% en Lugo e quedou nun 1,6% en Ourense.
Con todo, no que vai de ano os prezos baixaron un chisco desde o mes de xaneiro, descenso que está entre o 1,1% de Lugo e só un 0,1% na Coruña.
Por sectores, dous apartados amosan un significativo incremento de prezos nos últimos doce meses. Por un lado as bebidas alcohólicas e o tabaco, e por outro hoteis, cafés e restaurantes. Nese período, só a conta das boticas pareceu recortarse un chisco.